![]() |
| José Luis Gómez |
A prensa adoita queixarse, con razón, polas roldas de prensa sen preguntas e, dada a súa relevancia, adoita poñer como exemplo a mala práctica do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que chega ao extremo de comparecer ante os medios a través dunha pantalla de plasma. É grave esta situación, indubidablemente, pero aínda hai cousas peores en España en termos de transparencia: a toma de importantes decisións financeiras, como a adxudicación de bancos nacionalizados.
Un ente sen rostro coñecido chamado FROB, siglas dun nome que afea o castelán -Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria-, adopta medidas dunha gran transcendencia sen saír sequera no plasma. É o peculiar xeito de xestionar os procesos de reestruturación e resolución de entidades de crédito neste país, sen que ninguén se decate de nada, salvo os que fan o negocio, ao peor estilo dos tempos de burbullas e especulación.

Un exemplo desta semana: ¿por que o FROB asinou co Banco Sabadell a cuarta venda dunha entidade financeira por 1 euro -neste caso o Banco Galego-, tras facer algo parecido con Unnim, CAM e Banco de Valencia? ¿E por que pon enriba 245 millóns de euros, aos que no caso do Galego hai que sumar a outros 80 millóns inxectados en marzo? ¿Por que sempre hai diñeiro para os bancos, mesmo cando se lles fan regalos, e en cambio nunca o hai para modestos clientes con participacións preferentes e débeda subordinada? ¿E por que ninguén pregunta por iso, polo menos en instancias parlamentarias?
Non falamos de ningunha broma. Dende marzo do 2009, data da intervención de Caixa Castela-A Mancha, entre a Comisión Europea, o chamado FROB e o Fondo de Garantía de Depósitos inxectaron 88.737 millóns de euros nunha ducia de bancos españois, sen contar os avais do Estado. Sabemos o que poñemos entre todos pero non o que achegan os bancos privados beneficiados. Por non saber, nestes casos nin se sabe con cantos postos de traballo de empregados de banca trafican ás agachadas. Nin sequera se atreven a saír detrás do plasma. ¿Por que?

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.