É o caso da gaivota, un bicho carnívoro e detrívoro, pois recolle a comida entre o lixo, á vez un paxaro de poucas contas ou de moito conto cando fai contas.¿Vén a conto, agora, contar o que dicían os máximos representantes do partido da gaivota?
Buscamos na hemeroteca e encontramos a Rajoy dicindo que con el volvería a alegría, o maná de pans, peixes e traballo. Ao señor Montoro recordámoslle vomitando frases como "canto peor estea España mellor para nós" e recordamos a De Guindos, recén chegado da famosa empresa que arruinou a medio mundo cos seus plans financeiros que levaron a moitos cidadáns a, como as gaivotas, buscar comida entre o lixo.
Agora resulta que as contas do PP estaban mal feitas e as súas consecuencias páganas os cidadáns que, enganados, e crendo nas promesas que chegaban voando, fixéronlles o niño.
E así as cousas, co país arruinado, desesperado e cunha débeda que non acabarán de pagar os netos dos nosos fillos, te enteiras de que eles teñen o niño cheo... xa dende Fraga o paxaro voaba baixo a través dunha serie de empresas que cambiaban favores por dádivas. Aqueles "paxaros" recibiron, de Forges, o nome de "afabanda popular". Despois modernizouse o sistema a través de empresas (Filesa en plan besta) e xa, en "tempos modernos" a gaivota abandonou os famosos tirantes e apertou o cinto (gürtel) para seguir en voo rasante que permitiu arrasar nas urnas e enriquecer os seus próceres máis coñecidos.
Revisen os xornais, escoiten as confesións de Arenas, Cascos e queden cos silencios de Mariano, quen proclamou un día na tele: "Fago contas a final de mes, como todo o mundo e a miña muller, que traballa, tamén fai as contas; que as cousas están difíciles para todos". É o mesmo Rajoy que non sabía canto gañaba e cuxa soldada é noxentamente inmoral. É o mesmo Mariano que durante anos mantivo a súa cota parte no Rexistro, unindo magníficos ingresos ao diñeiro que recibía como ministro, parlamentario, xefe do partido da gaivota.
Son paxaros de conta, ¿a que se? Aínda recordamos que a "Espe" non lle chegaba o soldo para pagar a calefacción do seu pazo.
Voan alto e sóltannos as súas defecacións. Xa está ben ¿non?
Son paxaros de conta, ¿a que se? Aínda recordamos que a "Espe" non lle chegaba o soldo para pagar a calefacción do seu pazo.
Voan alto e sóltannos as súas defecacións. Xa está ben ¿non?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.