sábado, 25 de maio de 2013

A SEGUNDA TRANSICIÓN

Cada día, as estatísticas que invaden periódicos, raios e televisións seguen marcándonos a deriva autodestrutiva na que a nosa sociedade parece aboada a través dun perigoso círculo onde a crise económica nacida froito do desexo voraz especulativo dos poderes económicos nesa relixión do libre mercado ten trasmutado xa nunha crise política profunda das democracias do sur de Europa. 
A desconfianza da cidadanía ante os partidos pola súa falta de respostas á crise e ante a incapacidade de formular outras políticas distintas á redución do Estado do Benestar é unha realidade. A máis persoas afectadas polo incremento do paro, a redución do Estado de Benestar e o recorte das proteccións sociais prodúcese esa perda de credibilidade da cidadanía nasinstitucións.Xorde así o caldo de cultivo perfecto para a aparición de fenómenos que deben ser obxecto de análise e resposta dende a óptica progresista: a fragmentación do voto da esquerda favorecendo a teor da lei electoral a consolidación de gobernos de dereitas, o perigo de perda de espazo político do PSOE como partido de referencia da esquerda en España, a aparición de propostas políticas populistas dende esquerda e dereita capaces de analizar o descontento e que poden ter o seu primeiro reflexo claro nas próximas eleccións europeas, a posta en dúbida das propias institucións democráticas e a súa necesaria revisión no marco dunha segunda transición que busque o acordo social e dos partidos en políticas de estado que posibiliten un novo marco de desenvolvemento social, económico e territorial.
Aquí é onde o PSOE debe apostar por medidas que sirvan para construír esas propostas de cambio: unha reforma das administracións que teña como piar a transparencia e a participación directa da cidadanía nas tomas de decisión; dun modelo fiscal progresivo integral; a defensa da construción dunha unión de estados europeos similar á dos EUA dende a óptica progresista e non liberal de entes como o Banco Central Europeo; a aposta por políticas keynesianas de investimento público xeradoras de emprego en nichos de mercado como as enerxías limpas; a creación dun pacto de estado polo emprendimiento con estímulos ás pemes como a exención de impostos nos primeiros anos; a reforma da lei electoral e da forma de participación cidadá nos partidos facéndoos permeables son algúns pasos que o socialismo debe dar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.