Todas as empresas do Ibex 35, agás dous que parecen idiotas, actúan en paraísos fiscais. Grazas a iso, en vez de cotizar como vostede e como eu, que somos estúpido, evaden legalmente os impostos. Significa que as institucións funcionan. Moitas desas empresas, presididas por filántropos incurables e persoas de misa e comuñón diarias, desvían a súa produción cara a países onde a obra de man é barata porque as condicións laborais son de pena. En Bangla Desh, por poñer un exemplo, acaban de morrer esmagados máis de 500 obreiros que fabricaban os nosos pantalóns vaqueiros e os nosos fulares de cores nun edificio que ameazaba ruína. Tranquilos, ningún filántropo español irá ao cárcere por ese crime. As institucións funcionan.A un señor que non podía pagar a prótese de xeonllo que necesitaba para a súa recuperación, arrancáronlla antes de que saíse do hospital. As institucións funcionan. A Gerardo Galeote, un tipo da Gürtel tan presunto como Jesús Sepúlveda ou a súa entón esposa, Ana Mato, duplicáronlle o soldo (co diñeiro dos nosos impostos) cando á xente honrada comezaban a baixarllo. E é que as institucións (neste caso, o PP) funcionan. No hospital de Hellín operaron extraxudicialmente a nai do xerente (o que leva os números e talvez decida os despedimentos) por iso, porque as institucións funcionan.
Se queda algunha dúbida de que as institucións funcionan, aí está a desimputación, ou como se diga, da infanta Cristina, a muller que cría que con dous soldos de clase media era posible adquirir un pazo de clase alta. A infanta Elena, sorprendida nun open de tenis (onde se non), declarou a preguntas da prensa que ignoraba se se fixera xustiza, pero que estaba feliz. Feliz, supoñemos, de que as institucións funcionasen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.