xoves, 9 de maio de 2013

O PARO

Resulta que a EPA, un mecanismo nacido na época de González por indicación de Eurostat para contabilizar o paro "real" e non o apuntado, que non é máis que unha enquisa, non se esqueza, o goberno de Aznar o converteu no método de contar o paro, dado que lle daba bos resultados naquela época.
Agora que veñen mal dadas, resulta que o goberno se agarra á cifra do paro rexistrado e algúns dos seus intelectuais orgánicos di que é mellor método para medir o paro. En que quedamos?
É un exemplo da demagoxia habitual deste partido de truáns que sufrimos, ao que calquera cousa vale para xustificar as súas propias mentiras e erros, coma se a política fose un xogo de trileiros en que todo vale por permanecer no poder para aplicar a súa fe dogmática (que non ideoloxía: as ideoloxías son analíticas e autocríticas, polo tanto, adaptables) sen rubor. É esta actitude a que máis dano fixo ao noso espírito democrático e é achacable case en exclusiva a este partido, pois o resto foron máis respectuosos do xogo democrático.
Outro exemplo que se nos virá enriba: ata agora era dogma oficial que a lista máis votada nunhas eleccións debería ser gobernante por decreto, actitude tan democrática como o ordeno e mando cuartelero. Non obstante, coa que está a caer por parte da opinión pública e dado que as enquisas xa non lles permiten gobernar con maioría absoluta, esta idea foi abandonada pola de "colaboración entre agrupacións non demagóxicas nin populistas", como un aceno a UPyD para desprezar a alianza coa esquerda e a creación de gobernos con presenza de ambos os dous para seguir mantendo o desastre actual.
Non hai ningunha dúbida do resultado de unión entre dous populismos de dereita, como xa comprobamos en moitos concello madrileños. Só espero que quen estea a pensar en apoiar os carmesís sexa capaz de ver a súa catadura moral nestes tempos, que en nada os distancia dos "partidos tradicionais".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.