Sairase da crise, por suposto. Non hai mal que cen anos dure por máis que algúns o prolonguen con remedios equivocados. O importante é como se sairá da crise. Non xa considerar a cuestión crucial de que existen outras políticas máis efectivas que a austeridade suicida que paraliza o crecemento, como empezan a recoñecer dende organismos tan pouco sospeitosos como o FMI, fatalmente equivocado no seu día sobre o multiplicador da incidencia da austeridade sobre o crecemento, senón que mesmo os propios mercados empezan a penalizar aqueles países cuxas políticas de austeridade afogan o seu crecemento.
Sendo isto importante a gran cuestión é decidir sobre que parte da sociedade recaerán os imprescindibles esforzos e sacrificios necesarios para equilibrar a economía. Aínda dentro desta nefasta política de austeridade os gobernos seguen tendo certa marxe para establecer de onde recortan e de onde ingresan.

¿Por qué non se adoptaban certas medidas (fraude fiscal, SICAVs, empresas públicas inútiles, congreso dos diputados, senado, diputaciones, autonomías, concellos, etc.)?
Parece que dende este goberno se prefire recortar en I+D, educación, sanidade e pensións e recadar con impostos que afectan fundamentalmente a clases medias e autónomos.
O discurso do Rei en Nadal falou de que nesta crise todos deberiamos compartir sacrificios e non deberiamos deixar a ninguén na cuneta.
As políticas deste goberno farán que saiamos da crise cunha desigualdade social moito maior da que había antes de entrar nela. E xa antes España era un dos países da UE con maiores desigualdades sociais.
A desigualdade social non é só cuestión de xustiza social, que tamén, senón que está demostrado que canto máis igualdade social hai máis crece a economía, como constatamos en países nórdicos, porque aumenta o consumo interno e reactívase a economía e as empresas do país.

Este goberno está, con todos e cada un dos decretos-lei que aproba, afondando aínda máis as tremendas desigualdades sociais ata o punto de que sairemos desta crise con millóns de persoas que simplemente vivirán o resto das súas vidas en situación precaria mentres grandes empresas e fortunas, tanto nacionais coma internacionais, se benefician das condicións laborais, legais, que se están a poñer neste país.
En definitiva o PP está facendo deste país o que sempre fixo a dereita cada vez que gobernou, tanto en democracia (rara vez) coma noutros réximes (máis a miúdo). DOREMA
En definitiva o PP está facendo deste país o que sempre fixo a dereita cada vez que gobernou, tanto en democracia (rara vez) coma noutros réximes (máis a miúdo). DOREMA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.