Xa é un feito certo e contrastado: Rajoy incumpriu todo o programa electoral que puxo á consideración dos votantes españois. E -como dixeron os xornais- os presupostos de 2013 volvéronse papel mollado no pasado mes de abril. A maior inri, o ministro De Guindos tivo que admitir -á vez que se mordía a lingua polo seu fracaso como arúspice- que o PIB caerá o triplo do establecido.O desastre foi total e o Goberno en masa debería irse para casa ou a algún outro sitio menos digno. Xulguen vostedes mesmos: suba dos impostos, recortes en servizos sociais, redución nas nóminas dos empregados públicos e conxelación das pensións.
Todas estas afrontas a cambio de que? De que o Estado só fose capaz de reducir o desfase presupostario en 24.000 millóns. Con todo iso o que se conseguiu foi elevar a débeda ao 84,2% do PIB, co indesexable récord de que somos o país da Unión Europea con máis rápido crecemento en 2012.
Con semellante "éxito" tería que marchar o Goberno. Se non rendo no meu traballo, mándanme ao allo puerro. Se un adestrador falla, é destituído. Se alguén "mete un pufo", lévano ao xulgado. Pero se o Goberno falla, os seus compoñentes seguen cobrando e, a xulgar polo que se descobre, xa cobraban antes da desfeita.
As receitas populares están a fallar pola súa base. Temos un Goberno imprevisible, tolo e desconcertante. Unha mostra: xa naquel primeiro Consello de Ministros descolocou, mesmo os seus propios votantes, cunha suba do IRPF. Insisto en dicir que temos un Goberno de PNN indeciso á hora de desenvolver as reformas estruturais que necesita España. De Guindos é unha ovella obediente ante Bruxelas e Montoro é un continuo e disparate a que se esquece hoxe o que dixo onte e non ten nin idea do que ha de dicir mañá.
Hai que liberar recursos cara ao sector privado para que volva consumir e investir, que é a mellor forma de crecer e hai que botar á rúa este Goberno se queremos salvar o país.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.