Se os ministros de Rajoy son deostados practicamente todos polo pobo español, o certo e verdade é que o de Facenda, o ínclito Montoro, se leva a palma. Unha vez e outra o españolito da pé se farta de facer preguntas a tan xenuíno ministro e en ningún caso obtén respostas, ata o punto de que a Montoro xa lle motejan como "A grande esfinxe". Iso si: cando non pega un novo trompazo, sempre o fai acompañado dun sorriso que semeja en todo a dunha hiena. Sen ir máis lonxe, pregúntaselle a Montoro "como subiu en ano e medio 30 veces os impostos e pola contra aos equipos de fútbol toléralles que fichen xogadores estranxeiros a custos estratosféricos.Non hai resposta ministerial, faltaría máis. Pregúntaselle a Montoro " como é posible que a pensionistas se lle reteña o 20% de impostos e a moitos tramposos se lle premie canto retornan diñeiro que tiñan ilicitamente máis alá das nosas fronteiras?. Non hai resposta ministerial. Pregúntaselle se é certo que existen deputados que cobran 1.800 euros ao mes se non son residentes na capital e que entre eles estea o propio ministro Montoro?. Non hai resposta ministerial, faltaría máis. Pregúntaselle por que non suprime as subvencións aos partidos políticos, sindicatos, patronal, deputacións, senado, e reduce á metade os concellos e os deputados en Cortes, xa que temos máis que os países civilizados de Europa?. Non hai resposta ministerial, faltaría máis. Pregúntaselle por que non suprime coches oficiais e gardacostas?. Non hai resposta ministerial, faltaría máis. Ségueselle preguntando: Por que hai tantas televisións públicas?, quen paga as custosas delegacións rexionais no estranxeiro?. Por que temos máis Embaixadas de España que Gran Bretaña e Alemaña, poñamos por caso? Non hai resposta ministerial, faltaría máis.
Este desaforado, inconsciente, despersonalizado e débil, politicamente falando, ministro é o BUDA durminte dun Consello de Ministros farto desacertado e cun xefe que para que.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.