xoves, 13 de xuño de 2013

OPTIMISTAS

A privatización da Sanidade pública aparellará inevitablemente a xestión da saúde como negocio
Eles xa saben que se se equivocan, non hai problema. Aí están os seus mentores, os analistas do FMI que pediron desculpas por afundir os gregos -¡qué majetes!- e os expertos de Bruxelas, que preferiron a estratexia dun neno de cinco anos cando o rifa a súa mestra. Señor, é que eu non sabía, fíxeno o mellor que puiden, iso é o que conta, non? Se un país enteiro, cuxa economía apenas representaba o 2% do PIB da UE, foi botado ao abismo por un erro de cálculo sen mala intención, que lles vai pasar a eles? Pero o seu optimismo deixoume perplexa.
Os sabios -¡ja, ja, ja!- que asesoran ao Goberno sobre o mellor xeito de roubarnos o diñeiro que cotizamos durante décadas, vinculan o atraso da xubilación ao aumento da esperanza de vida. Mande? Si, xa vin os números, a dourada escaleira que debuxan cara a unha senilidade fecunda e xuvenil, pero gustaríame saber cales son as súas fontes. Porque se adoptaron como base as cifras e os índices dos últimos anos, xa lles digo eu, sen ser sabia en nada, que non lles van saír as contas.
O progreso non é unha liña recta. A privatización da sanidade pública aparellará inevitablemente a xestión da saúde como negocio. Todo o que non sexa imprescindible, se converterá en superfluo e a prevención, antes que nada. Para que tratar os pacientes sans, co caro que saen os diagnósticos que, na maioría dos casos, botan un resultado negativo? Que dilapidación. Así, cando en España se suspendan mamografías, ecografías, citoloxías, analíticas e outras probas hoxe comúns, a esperanza de vida acurtarase sen remedio, porque as enfermidades non se detectarán a tempo e nos morreremos antes. Que nos fagamos un seguro privado, dirannos entón. E con que?, pregunto eu. Coa birria de pensión que nos vai quedar? Almudena Grandes

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.