"As nosas vidas non serán explotadas dende o nacemento ata a morte;/ os corazóns padecen fame, ao igual que os corpos/. Pan e rosas! Pan e rosas!".- Así rezaba o final dunha canción popular que a principios de 1912 fixo famosa un grupo de obreiras téxtiles dunha fábrica de Lawrence (Masachusets). Elas querían o pan, en forma dun salario xusto, pero tamén as rosas que representaban a súa dignidade.
Mulleres humildes que se organizaron para arrepor á explotación da que eran obxecto. Mulleres cualificadas de revolucionarias que pertencían a unha saga de traballadoras anónimas que combateron polos seus dereitos laborais nunha sociedade patriarcal e opresora co xénero feminino.
Un século despois outro colectivo maioritario de mulleres, esta vez aragonesas, reclama a súa dignidade en forma de pan e rosas. Limpadoras dos Hospitais e centros sanitarios aragoneses que optan por non se resignar como dóciles años. Non pretendiamos ser un símbolo. Unicamente salvagardar o noso salario e os nosos postos de traballo. Pero tanto orgullo obreiro feminino está a enfastiar máis dun. A administración di que non é problema seu malia que as nóminas se pagan con diñeiro público. Fan oídos xordos aos abusos e atropelos das empresas contratadas, aos seus incumprimentos, ás reiteradas vulneracións dos dereitos laborais e de folga. A Consellaría e a propia presidenta Rudi din ser equidistantes nun conflito complicado que xa dura case un mes e aínda non ten visos de arranxarse.

A causa do desamparo institucional, a vida destas limpadoras transformouse no argumento dun arrepiante thriller con desaloxos policiais, forcexos con secretas ou seguridade privada contratada polas empresas, folgas de fame, ocupacións das sedes do goberno de Aragón e a Consellaría de sanidade, despedimentos aleatorios "disuasorios", caixas de resistencia solidarias, protestas ruidosas e multitudinarias...
E como ás obreiras de 1912, o establishment acúsanos de "facer causa política". Só queriamos garantir o pan da familia nestes duros tempos. Protexer o convenio colectivo dunha reforma laboral que non atende a criterios económicos. Pero démonos de fociños cunha ideoloxía que non sente respecto nin pola nosa condición, nin polo noso sexo. Para sorpresa de todos, as humildes limpadoras, desempoan os canóns de Agustina dispostas a resistir o sitio neocon. A non reblar ante o ninguneo ou a calumnia, as ameazas e as coaccións. Ante os que nos acusan de insolidarias por non dobrar a cerviz como xa fixérono outros. Os que planean explotarnos dobremente por ser mulleres e obreiras. Eses que queren roubarnos a dignidade das rosas. Ana Cuevas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.