Queridos reis magos, escríbovos esta carta con 6 meses de antelación para que non vos pille por sorpresa. Este ano porteime moi ben, aceptei sen chiar todos os traballos de merda que me ofreceron, traballei as horas extras non remuneradas que me pediron e non me botei a chorar cada vez que vin a irrisoria nomea que me ingresaron.Aceptei de bo grao ter que pagarlle a facenda un pasteiro por cobrar 3 meses a axuda familiar que me deron por non cotizar o suficiente o ultimo ano. Mordín a lingua cando teño visto que os meus 8 anos de autónomos, pagando un ril de seguridade social, non serviron para nada máis que para desanimar os que pretenden emprender e me piden consello.
Pasei os últimos anos reeducando os meus pais na crenza errónea que tiñan de que alugar era tirar o diñeiro. Reciclo o lixo, aforro auga duchándome, pecho a billa cando lavo os dentes, compro en pequeno comercio e non me automedico. Como 5 pezas de froita e verdura ao día, bebo 2 litros de auga diarios e fago exercicio 4 veces por semana.
E aínda así, cando chega o día 6 de xaneiro, érgome ilusionada para ver se me trouxestes o que pido. E nos dous últimos anos trouxéstesme a mesma merda. Traballo precario que só beneficia ao empresario, suba de impostos, recortes en sanidade e educación, indultos aos banqueiros e desimputacións aos poderosos. Así que este ano non vos vou mandar a carta a vós. Voulla mandar a Correa que é máis efectivo. Déixovos que teño que ir facendo oco no garaxe para o Xaguar
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.