Vivimos un tempo de incerteza e medos onde a democracia cada vez se esvaece máis ante un poder económico que, cunha voracidade ilimitada, non dubida en destruír dereitos e liberdades que foron conquistados na vella Europa a base de creación de espazos de consenso e progreso compartidos.
Eran tempos de estatísticas, de políticos que buscaban o interese xeral aínda a custo de ser capaces de renunciar aos interese partidistas ou particulares que puidesen ter. Eran tempos onde a política non era unha ferramenta afastada do pobo senón un instrumento a través do cal transformaba a súa realidade cotiá para facer do progreso e a prosperidade obxectivos nunha folla de ruta marcada pola busca da igualdade, a liberdade, a xustiza e o desenvolvemento compartido.
Eran tempos de estatísticas, de políticos que buscaban o interese xeral aínda a custo de ser capaces de renunciar aos interese partidistas ou particulares que puidesen ter. Eran tempos onde a política non era unha ferramenta afastada do pobo senón un instrumento a través do cal transformaba a súa realidade cotiá para facer do progreso e a prosperidade obxectivos nunha folla de ruta marcada pola busca da igualdade, a liberdade, a xustiza e o desenvolvemento compartido.
Hoxe a política preséntase nas enquisas como un dos males que afectan a unha España famélica de ilusión e onde seis millóns de persoas viven no absoluto desespero ante unha falta de perspectivas que contribuíron a que o noso país volvese recordarnos a esa España de branco e negro onde as maletas de cartón mostraban a emigración obrigada dos que tiñan que abandonar a súa terra en busca dun futuro que se lles negaba aquí. É neste marco onde a cidadanía mira á política en busca de respostas esixindo desta que sexa esa ferramenta transformadora da realidade e defensora ao mesmo tempo de quen hoxe peor estano a pasar, e é aquí onde a cidadanía non encontra a resposta valente da política ou polo menos a resposta que están a esperar.
Esta semana de novo os medios serviron para que a cidadanía perciba esa "mala política" representada en casos como o do Sr. Bárcenas ou o Sr. Rato, exemplos dunha política que en nada se parece á política real que moitos homes e mulleres de todo signo político desempeñan a diario co único obxectivo que o de servir á cidadanía.
É tempo de reivindicar que a política é o instrumento útil que o noso país necesita, unha ferramenta que en mans desas persoas de ética incualificable pode facer posible que a cidadanía volva recuperar a confianza na mal chamada "clase política" que ten que dignificarse. Pero para iso a política debe de levar a cabo esas reformas que contribúan a unha maior transparencia e participación da cidadanía que reivindica máis que nunca esa rexeneración democrática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.