martes, 3 de decembro de 2013

AGRESIÓNS A 36 PARAXES NATURAIS

-A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia a Xunta ante a UE
-Degradación "dramática" de zonas xa incluídas e propostas na ampliación da Rede Natura


Alarmados polo letargo no que parecen ter caído os trámites da ampliación da Rede Natura 2000, anunciada pola Consellería de Medio no ano 2011, membros da Sociedade Galega de Historia Natural botáronse ao monte para diagnosticar o estado de saúde dos espazos naturais da comunidade e o resultado, segundo afirman, é "dramático". Grupos de socios, integrados fundamentalmente por científicos, repartíronse o traballo nas catro provincias e foron levantando acta das agresións sufridas nos tres últimos anos tanto polos Lugares de Interese Comunitario (LIC) xa integrados na Rede Natura como por aqueles outros pendentes de ampliación ou propostos para ser incluídos nesta figura de protección europea. Ao final elaboraron unha lista de 36 paraxes únicas que, malia que a Administración, por lei, está obrigada a amparalos, presentan un grao de deterioración alarmante. A SGHNenviou os datos solicitados á Unión Europea e pediu explicacións por carta ao conselleiro de Medio, Agustín Hernández, das "perdas" certificadas: Unhas enormes feridas localizadas, sobre todo, "nas provincias da Coruña e Lugo", onde "por falta de vixilancia, neglixencia ou incompetencia se produciu unha xeneralizada destrución e degradación dos hábitats de interese comunitario".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.