xoves, 10 de maio de 2007

A COSTA GALEGA

As construcións modifican o 75% da costa
.
O trazo da costa galega (máis de 1.600 quilómetros) viuse brutalmente transformada pola man humana nas últimas dúas décadas: un 75% da liña do litoral sufriu modificacións artificiais, un parámetro similar ao da Costa do Sol, ao ser espazos virxes convertidos en chans ocupados por residencias ou outras infraestructuras.

Este proceso constátase sobre todo na edificación de vivendas, que nos 87 municipios costeros de Galicia aumentou, de media, un 80% en cinco anos (2001-2006). Nalgunhas localidades, estas cifras dispáranse, como é o caso de Malpica (A Coruña), cun incremento de 1.700% de vivendas; Fisterra, un 444%, ou na Mariña lucense, onde, por exemplo, en Foz visáronse o ano pasado máis vivendas novas (3.207) por exemplo que na cidade da Coruña.

Todos estes datos do informe Corine Land Cover, elaborado pola Axencia Europa de Medio Ambiente e o Instituto Nacional Xeográfico, completados con recuentos do propio Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), serven para ilustrar as impactantes fotografías da exposición sobre os cambios de uso do solo que, organizada polo Observatorio Español da Sostenibilidad, inaugúrase hoxe na sé coruñesa do COAG.

As imaxes da exposición mostran a transformación artificial de localidades costeiras como Burela, Portonovo ou Ferrol así como a desaparición, entre outras, de dúas praias urbanas da Coruña para situar unha piscina privada (no arenal do Parrote) ou un varadero e un aparcadoiro de coches (en Oza).

Cifras e fotos sobre o rápido proceso de artificialización do litoral galego que avalan a oportunidade da lei de medidas urxentes de protección do litoral aprobada onte no Parlamento, destacou o presidente da delegación coruñesa do COAG, Alberto Unsain. E a pregunta agora é se se estará a tempo" de poñer coto a esta perigosa edificación da costa. E diso dependerá, alertó este arquitecto, de que se cumpra de verdade esta nova norma nunha comunidade, recordou, onde o 95% dos seus habitantes viven nun territorio "cuxo urbanismo é ilegal" porque nunca chegou a aplicarse a lei do solo en vigor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.