mércores, 9 de maio de 2007

A LEI DO SOLO


Unha oleada imparable
.
Cando no ano 2002, o entón conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo (PP), tramitou unha nova Lei do solo para Galicia, o efecto chamada foi tan intenso que as principais promotoras inmobiliarias españolas (empresas valencianas e madrileñas) comezaron a comprar millóns de metros cadrados na costa galega. O caso é que a presión inmobiliaria tampouco cesou coas supostas medidas proteccionistas do novo Goberno do PSOE e o BNG.

No ano 2006 batéronse todos os récords de edificacións de vivendas en Galicia e a previsión é que este ano a construción aínda aumente por encima do 33%.

A presión sobre o territorio costeiro é tan forte que, neste momento, os alcaldes están tramitando (legal ou ilegalmente) a construción de 45 grandes urbanizacións en primeira liña de costa, 17 campos de golf e 24 portos deportivos.

"Non é imparable. En Nigrán demostramos que se os veciños mobilízanse, pódese parar un plan urbanístico e pódese deter esta tolemia inmobiliaria", sinala un dos portavoces dun novo movemento, Galicia non véndese, xurdido estes meses en Galicia, e que conseguiu xuntar a máis de cincuenta asociacións ecoloxistas de todo o territorio. Os datos indican que en 2006 construíronse en Galicia case 42.300 pisos e chalés e que en 2007 faranse 56.000 máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.