Cando un partido político quere chegar a gobernar todo o país, non se prepara a cegas senón que coñece moi ben o que está pasando e as posibilidades que ten de actuar. O PP tivo toda a información financeira desde moito antes de chegar a gobernar, e sabía que o seu obxectivo era recortar diñeiro de onde fose para sanear ás caixas, fundamentalmente a Bankia.
Seica imos ser tan inxenuos de pensar que non coñecían a realidade das caixas gobernadas por eles e fusionadas despois en Banquia. Botar a culpa aos socialistas é o máis fácil, o problema é que non a teñen só eles. Eludir responsabilidades de Bankia, o non dar explicacións do que pasou, non me sorprende.
Ninguén que estea moi implicado nun delito quere que se descubra a verdade.
O que non me gusta é que Rubalcaba apoie esta medida e ocórrenlleme dous motivos para iso:
1. Que tamén teñen moito que aflorar noutras caixas
2. Que O PSOE non está en condicións de afrontar unhas eleccións anticipadas.

Que a ZP lle veu grande a situación de gobernar a partir do 2008, todos sabémolo pero o de Rajoy só uns cantos podían pensalo. Polo que chegados a este punto hai que tomar o touro polos cornos dunha vez:
1. Que nos rescaten a nivel financeiro e non confundamos a nivel Estado.
2. Que o PP, teña a decencia de explicar a verdade do que está pasando, caia quen caia.
3. Que unha grupo de técnicos ben formados e sobre todo demócratas, gobérnennos á espera de que poidamos ter políticos novos, sans e libres de yugos económicos e con débedas pendentes.
A historia pon, sempre, a cada un no seu lugar, só hai que esperar.