martes, 28 de febreiro de 2006

NON AO REFERENDO



O pleno veta o referendo do PXOM a un día do debate político decisivo
.
.
.
A abstención de Soto e o BNG fixo suficientes os votos do PP para anular a consulta popular.
.
O goberno vigués encara a etapa final da aprobación do novo PXOM co rexeitamento definitivo do referendo pedido polos colectivos opositores, que se produciu no pleno municipal de onte, e mediante a súa discusión na Xerencia de Urbanismo, que terá lugar na mañá de hoxe. A partir dese momento só restará a celebración de novas sesións en Urbanismo e no pleno para a súa aprobación formal e posterior remisión á Consellería de Política Territorial. Onte no pleno o debate discorreu polas canles marcadas a pasada semana na Xerencia de Urbanismo. O socialista Mauricio Ruiz defendeu a aceptación inicial da consulta popular á espera de que a Xunta decidise se legalmente era viable. Precisamente o argumento do goberno local, apoiado nun informe xurídico do secretario, é que o Plan Xeral é unha competencia compartida de dúas administracións, Xunta e Concello, e que non procede xa que logo unha consulta popular como a suscitada.
Desinterese
O PSOE, neste caso co acordo de Bloque e PG, constatou o desinterese do goberno local no asunto, quen nin sequera se preocupou de investigar se as 21.000 firmas que apoiaron a solicitude alcanzaban o 8% do censo, como establece o Regulamento de Participación Cidadá. Pese a esta coincidencia puntual, nacionalistas e galeguistas inclinaron a balanza coa súa abstención. Desta forma, os votos do PP derrotaron ao PSOE e o referendo quedou definitivamente na cuneta.
-Resolto este asunto, os grupos que apoian o PXOM (PP PG e BNG) e os socialistas que o rexeitan volverán hoxe a verse as caras nunha sesión da Xerencia de Urbanismo convocada de xeito extraordinario para debater o documento e presentar as conclusións de cada grupo político. A estas alturas non se esperan sorpresas unha vez que a vía do diálogo no seo da corporación atópase cegada.
-É posible que na reunión José Manuel Figueroa, concelleiro de Urbanismo, facilite por fin a data que se colgarán en Internet as respostas ás alegacions ao Plan Xeral. Posiblemente tamén informe das datas da súa aprobación no pleno e na Xerencia, que dependerán do avance dos traballos finais do documento por parte do equipo redactor de Consultora Galega.
Actividade opositora
Pese a que todo parece decidido, os grupos que se opoñen apuran tamén as suas bazas. Para mañá está previsto que Alternativa Veciñal, colectivo que se organizou a raíz da batalla dos opositores ao PXOM, presente o informe elaborado por un avogado urbanista sobre «a ilegalidade do novo Plan Xeral para Vigo».
-Á sesión plenaria de onte tamén acudiu un nutrido grupo de opositores ao plan que exhibiron as suas pancartas durante a sesión. En calquera caso, non se produciron incidentes de ningún tipo e a reunión celebrouse con normalidade.
La Voz

mércores, 22 de febreiro de 2006

OS COLECTIVOS NON FORON RECIBIDOS POLOS POLÍTICOS MUNICIPAIS

NOTA DE PRENSA
.
Numerosos colectivos con representación en todo o ámbito municipal, todos eles afectados polo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), solicitamos con data 31 de outubro do 2005 e número de entrada no Rexistro do Concello 50178366, entrevistarnos cos distintos partidos políticos así como ca señora Alcaldesa. A pesares do tempo transcurrido, nin o Goberno municipal, nin o Partido Popular, nin o BNG nos deron a oportunidade de poderlles expoñer as nosas inquedanzas e os problemas específicos de cada unha das zonas desta cidade.

Estos señores esquecen con demasiada frecuencia que foron nomeados por un período de catro anos para defender os intereses dos seus representados e... non outros. Compre recordarlles que a soberanía segue a residir no Pobo e que, dentro de moi pouco tempo, teremos a ocasión de respostar ós seus desaires.

Eles saberán o que fan: nós non vivimos da política.

Vigo, 22 Febreiro 2006

luns, 20 de febreiro de 2006

domingo, 19 de febreiro de 2006

O CONSELLO SECTORIAL

O consello sectorial dá vía libre a PP e BNG para aprobar o PXOM.
.
Os organismos sociais tomaron a decisión pese a que non coñecen o texto final do Plan Xeral
.
A semana que vén decidirase cando se responden as 61.000 alegacions
.
O goberno municipal do PP, e os seus aliados urbanísticos do Bloque, lograron onte o respaldo do consello sectorial de Urbanismo para aprobar o proxecto final do PXOM. Na reunión non estivo presente Manuel Soto (Partido Galeguista) e o representante do PSOE mantivo a súa postura crítica co documento elaborado por Consultora Galega.
-Esta decisión dos numerosos sectores sociais representados (sindicatos, empresarios, colexios profesionais, etcétera) produciuse sen que coñecesen cal é o texto final que se someterá a aprobación. Ao comezo da sesión recibiron unha copia da normativa e algúns planos. Pese a iso houbo un amplo consenso aínda que tamén algunha queixa por non recibir polo menos varios días de antelación o Plan Xeral que debían valorar. No entanto, houbo algún membro do consello que felicitou a Consultora Galega polo resultado, a expensas de estudalo con posterioridade á sesión de onte.
-A reunión supuxo un claro respaldo a PP e BNG, grupos que apoian o PXOM, que pretenden aprobalo a semana que vén na Xerencia de Urbanismo e uns días despois no pleno. A partir dese momento a decisión final quedará en mans da Consellería de Política Territorial.
-Este aplauso xeral non impediu que se escoitasen intervencións que poñían o acento no elevado número de alegacions, o que cren que obriga a extremar todas as medidas para garantir a súa seguridade xurídica.
Recta final
Corina Porro e José Manuel Figueroa polo PP e Henrique Viéitez polo BNG (non acudiu o seu representante habitual, Xabier Toba) ratificaron que o Plan Xeral atópase nos seus últimos momentos de elaboración, felicitándose polo resultado obtido.
-En ton diametralmente oposto, Mauricio Ruiz (PSOE) agradeceu a moitos dos colectivos que presentasen alegacions na liña de seu partido. No momento actual reclamou que comproben se foron tidas en conta á hora da redacción final. Advertiu que as do seu grupo non foron incluídas, anticipando que en tal caso non serían favorables á súa aprobación. Deste xeito confirmaríase a imposibilidade de aprobar o documento por consenso. A ausencia de Manuel Soto impediu coñecer a postura a día de hoxe do Partido Galeguista.
-Respecto de a contestación das alegacions, Figueroa reiterou unha vez máis que levarase a cabo antes do pleno. Todo fai indicar, con todo, que o axustado das datas impedirá á inmensa maioría dos firmantes das 61.000 reclamacions coñecer se finalmente foron escoitados.

sábado, 18 de febreiro de 2006

RIVAS, TOBA, FIGUEROA E CONSULTORA GALEGA

Figueroa anticipa que Javier Rivas seguirá como xerente se gañan as eleccións.

.
-O xerente municipal de Urbanismo, o arquitecto Javier Rivas, recibiu onte fortes eloxios do seu actual concelleiro. José Manuel Figueroa chegou a garantirlle ante os membros do consello sectorial que se o PP mantense no goberno tralas eleccións do ano próximo Rivas seguirá á fronte da Xerencia.

Na historia da elaboración do Plan Xeral Figueroa remontouse ao ano 2000, cando comezou a sua andadura da man do Bloque, entón á fronte do Concello. Anotou un punto de inflexión no 2003, cando o nomeamento de Rivas por parte do Bloque e PP, en contra das teses do PSOE, provocou a ruptura do goberno de coalición que lideraban os socialista.
.
Felicitación a Toba.

-Dalgún xeito, o titular de Urbanismo felicitouse dun desenvolvemento duns acontecementos que levaron ao PP ao goberno municipal, pese á súa situación de minoría fronte aos votos conxuntos de PSOE e BNG. No caso do Plan Xeral non sairía adiante sen o respaldo nacionalista, algo que recoñeceu en público e destacou o labor realizado neste campo por Xabier Toba.

-Para rematar, insistiu en que os técnicos de Consultora Galega puideron traballar con liberdade para elaborar o Plan Xeral e minimizou a cifra de alegacions ao tratarse na súa maioría de copias unas doutras.