martes, 18 de abril de 2006

O PXOM VULNERA A LEXISLACIÓN VIXENTE

NOTA DE PRENSA


Alternativa Veciñal, diante das informacións aparecidas nos medios de comunicación respecto a unha posición da Xunta de Galicia favorable ó proxecto de PXOM de Vigo, quere facer constar o seguinte:
1. O proxecto de PXOM de Vigo, tanto polo que respecta a súa tramitación como polo seu contido, vulnera a lexislación vixente.
2. Non se trata de cuestións formais nin de detalle; é un problema de fondo.
3. Dictames xurídicos que estudan o PXOM desde dous ámbitos:
· a sostibilidade
· a legalidade das normas de obrigado cumprimento
son concluíntes:
O PXOM está mal feito, é ilegal. Debe comezarse de novo.
4. Abondando no tema, distintas alegacións e informes, incluído o do anterior Goberno da Xunta, poñen de relevo erros de fondo calado que indican que non hai un modelo de cidade nin de concello, senón unicamente un modelo urbanistico inflacionario, que se pretende xustificar a calquera prezo.
5. Niguén pode negar a relevancia da contestación por parte da cidadanía a este Plan e as súas consecuencias.
6. A Xunta de Galicia debe ter en conta as directivas que emanan da U.E. xa que neste momento se están a executar multas e sancións na Ría de Vigo en materia medioambiental por incumprimento da normativa europea.
7. En definitiva, o novo Goberno da Xunta, o Sr. Presidente que prometeu “o cambio”, a “protección da costa”, o desenvolvemento sostible e “escoitar á cidadanía”, ten agora unha ocasión de ouro para demostralo, afastándose dos intereses especulativos e escuros daqueles que apoian o PXOM contra vento e marea.

Vigo, 18 Abril 2006

luns, 17 de abril de 2006

O PXOM MAIS CONTESTADO

Vigo converte o Plan Xeral do PP no máis contestado da historia
.
Máis de 60.000 veciños asinaron alegacions ao deseño urbano previsto ata o ano 2020
.
A incerteza nas infraestructuras e a excesiva edificabilidade centran as protestas.
.
O documento urbanístico que deseña o crecemento de Vigo ata o ano 2020 é xa o máis polémico da historia. Pese ao esforzo de PP e BNG por presentar este plan como «o do consenso», a forte contestación cidadá tensou ao máximo a política municipal. Foron as diferenzas no modelo de cidade as que romperon o goberno PSOE-BNG un ano logo das municipais, e segue sendo o urbanismo o que apontoa unha estraña alianza PP-Bloque.
-A cidade non renova o seu PXOM desde 1989. O máis parecido foi a adaptación daquel plan á Lei do Solo en 1993. Entón presentáronse 3.500 alegacions e fixeron falta catro meses para contestalas. Agora, máis de 50.000 vigueses apostillaron o plan redactado por Consultora Galega. E o goberno local pretende despacharlas nun mes e medio. A necesidade de levar ao pleno de xuño o PXOM para garantir a súa aprobación antes das autonómicas obrará o milagre: o mesmo Concello que tarda 16 meses en tramitar unha licenza de obra contestará as queixas ao Plan Xeral a un ritmo de 1.200 por día.
-José Manuel Figueroa, responsable de Urbanismo e principal estratega do consenso, utilizou todos os seus resortes para minimizar as protestas. Ridiculizó as dúas manifestacións que sacaron á rúa a 4.000 e 8.000 vigueses porque foron «tres ou catro problemas puntuais noutras tantas parroquias da cidade». E reduciu como un jíbaro as 50.000 alegaciones para deixalas nun cento, «porque o resto son fotocopias».
-Desenvolver o plan custará 3.200 millóns de euros e creará 123.000 vivendas novas (o dobre das actuais), porque prevé cen mil novos habitantes ata o ano 2020. Se recalifican 500 ámbitos estendendo un 80% a mancha urbana cara ao rural e medio centenar de zonas albergarán torres entre as 12 e as 20 alturas. Ademais, o documento inclúe todos os montes de Vigo entre as novas zonas verdes.
-Pero sobre este PXOM pesan esquecementos imperdoables. Deseñou unha planta de reciclaxe e un campo de golf en Mos sen avisar ao Concello afectado. Non consensuou as infraestructuras cos alcaldes da comarca, nin incluíu o trazado urbano do AVE ou a súa extensión a Citroën e o porto. Tampouco negociou con Fomento o trazado da autovía ou as afecciones da circunvalación. As queixas públicas obrigaron a reducir as torres en zonas emblemáticas como Guixar, Gran Vía, Praza de España ou Beiramar antes da súa exposición pública. E como guinda, os arquitectos criticaron a excesiva edificabilidade e os escasos espazos públicos.