Os funcionarios non asumen o deseño de Praza de España, Beiramar, Guixar e Álvarez
.
O informe definitivo elaborado polos técnicos do Concello aseguran que non fai falta unha nova exposición pública nin pon impedimentos á aprobación do Plan Xeral. Iso si, desmárcase da ordenación detallada elixida finalmente polo equipo redactor para 23 zonas da cidade.
Os funcionarios alegan que Beiramar, Guixar, Praza de España, Álvarez, Tomás Alonso, Samil, Mantelas, Cruceiro e Estación-Cárcere, entre outras, son urbanizacións que responden a un criterio exclusivo de Consultora Galega «non necesariamente asumido» por eles. O informe asínano o arquitecto Antonio Alonso, o avogado Francisco de Cominges e o enxeñeiro Juan Aguirre.
.
Alegacions
.
Outra dos cambios introducidos polo equipo redactor refírese ás alegacions. A revisión efectuada nas últimas semanas sáldase con máis desestimacións das que anunciara fai un par de meses. Case 28.000 das 61.000 alegaciones presentadas polos vigueses foron rexeitadas ou se deixaron sen contestación. Trátase dun 45,7%. Outras 24.473 (o 40,05%) resultaron parcialmente estimadas e só 8.644 (o 14,1%) foron aceptadas na súa totalidade.
Pasos
O concelleiro de Urbanimo, José Manuel Figueroa, confirmou onte que o pleno para a aprobación provisional do PXOM celebrarase moi probablemente o día 19. A xunta local de goberno aprobará o expediente o xoves, o vindeiro luns levarase á Xerencia de Urbanismo e a sesión plenaria fixará a próxima semana a xunta de portavoces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario