Como vén sendo habitual no Concelleiro de Urbanismo do Concello de Vigo, humilla ou insulta a todo o mundo que está na súa contra, ou non ten a mesma idea ca el. Das últimas declaracións realizadas sobre que hai cidadáns que se dedican á chantaxe, logo da sentenza do Tribunal Supremo sobre as edificacións ilegais, dicirlle, ¿que interese ten o señor Figueroa en todo este asunto?, ¿seica é facer publicidade?, pois ben, penso que este señor non necesita facer publicidade da súa persoa, posto que, nesta cidade hai medios de comunicación, tanto escritos como visuais, que a diario lle fan a publicidade gratuitamente.
-Sr. Figueroa, como demócrata, segundo vostede di, se en realidade ten probas suficientes e veraces de que existe chantaxe sobre os propietarios das vivendas mencionadas, non se esqueza que neste país existen xulgados, xuíces e fiscais, ten a obrigación de denunciar os feitos que pública nos medios de comunicación, ¿ou será que lle gustan os medios de TV?
-Penso que é a persoa menos indicada para falar de xuíces e fiscais, xa que como todos sabemos, pregoa aos catro ventos sobre o PXOM de Vigo que é bo ou moi bo ¿Para quen? A propósito deste Plan Xeral, ten moitísimas ilegalidades, vostede sábeo e deféndeo, o que nos preguntamos moitos cidadáns por que ese interese ¿é que oculta algo o PXOM de Vigo? ¿Vaise a dedicar á promoción de vivendas? tempo ao tempo, saberase todo.

-Co Plan Xeral, ocorre exactamente o mesmo. Como non estamos de acordo en moitos puntos, dedícase á humillación e a desacreditar a todo o que se pon por diante, séntese con dereito de xulgar a todos os demais.
-Recordarlle, que no caso de Nigrán, a fiscalía está investigando se existe trafico de influencias pola compra de terreos rústicos e que no PXOM querían ser recalificados para negocio dalgúns, ¿que trama existe en todo este negocio sucio?, sabémolo todos, o seu alcalde, Alfredo Rodríguez é do seu mesmo signo político, que casualidade. ¡que cousas terá o urbanismo para que todo o mundo queira meter man!
-Deixe de facer elocuencia e actue, posto que, tanto a Sra. Alcaldesa como vostede mesmo, din que é de vital importancia que se aprobe o PXOM desta cidade, a propósito que o Plan Xeral de Vigo, é ilegal de pleno dereito, e así o confirman técnicos desta cidade. Unha vez si se aproba o PXOM de Vigo e non se corrixiron todas aquelas deficiencias e ilegalidades, os tribunais darán conta se os cidadáns tiñamos razón ao querer anular o mesmo, e non se esqueza, que se o plan xeral resulta nos tribunais ilegal, pediránselle responsabilidades penais.

-E para finalizar, dicirlle, que na vida hai que ser honesto e sumiso e como personaxe público, ten a obrigación de defender os intereses de todos os cidadáns e non os duns poucos, e se ten probas contra alguén, denuncie.
Vigo, 24 Novembro 2006
Asociación Afectados Ameixeira Alcabre
Ningún comentario:
Publicar un comentario