Os colectivos opostos ao Plan Xeral acudirán aos tribunais se a Xunta decide aprobalo
.
«Esperamos que a Xunta denegue a súa aprobación definitiva; se se aproba sería para nós unha decisión inentendible que restaría credibilidade ao goberno actual. Nese suposto pasariamos a seguinte fase presentando unha reclamación ante os tribunais».
Representantes de Alternativa Veciñal e da asociación Outro Vigo é Posible anunciaron onte a súa intención de batallar ata o final contra o proxecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado en mayo pasado polo Concello e pendente da decisión da Xunta para entrar en vigor. Recoñeceron que o seu estado de ánimo nestes momentos e á espera da definitiva decisión autonómica oscila entre «a inquietude e a esperanza».
Consideran que o documento «promove un crecemento insostible e é ilegal», polo que a sua execución contribuiría a degradar irreversiblemente a cidade. A absoluta primacía do solo residencial (vinte millóns de metros cadrados por só cinco para industrias e centros comerciais) é un dos motivos fundamentais.
Reiteran que a previsión de 140.000 vivendas, máis das que existen, cando a previsión é alcanzar os 400.000 habitantes, resulta disparatada. Co plan o 70% do municipio converteríase en terreo urbanizable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario