martes, 27 de febreiro de 2007

NOVAS DEFICIENCIAS DO PXOM

A Consellería de Cultura denuncia novas deficiencias no Plan Xeral de Vigo
.
O PSOE acusa ao goberno de Corina Porro de ocultar o informe de Patrimonio
.
O Plan Xeral de Vigo viviu onte outra xornada de sobresaltos. Mentres o Concello e Política Territorial pactaban en Santiago as correcciones do documento, os socialistas exhibían en Vigo un informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que denuncia o tratamento "inadecuado e incompleto" dalgunhas das determinacions do plan urbanístico. O PSOE acusou ao goberno municipal de Corina Porro de ocultar o informe, con data do 19 de xaneiro pasado. O Concello vigués asegura que as recomendaciones xa se aplicaron.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que depende da Consellería de Cultura, conclúe que non se fixeron todas as modificacións propostas" no informe desfavorable emitido o 8 de abril de 2005, despois de que o Plan Xeral de Vigo fose aprobado de forma provisional. Segundo fontes de Cultura, trátase dun novo informe "favorable condicionado", xa que, de non incluírse no planeamento definitivo, "conllevará o rexeitamento ao plan vigués".
O grupo municipal do PSOE en Vigo acusou onte a Corina Porro e o seu goberno de "ocultar premeditadamente" o novo informe de Patrimonio Cultural, fechado o mesmo día que a Consellería de Política Territorial rexeitou o Plan Xeral vigués. O concelleiro socialista Mauricio Ruiz afirmou que o informe de Cultura "demostra que o problema do plan non é unha cuestión política ou de estratexia electoral", e recordou que a Consellería de Cultura está dirixida polo BNG, un dos partidos que defende en Vigo o novo planeamento.
.
Fóra de prazo
.
O xerente de Urbanismo de Vigo, Javier Rivas, restou importancia ao informe de Patrimonio Cultural, do que destacou que se presentou "fóra de prazo". "Son simples observacións que xa foron incorporadas na documentación que lle trasladamos á Consellería de Política Territorial a semana pasada", manifestou o responsable da Xerencia de Urbanismo de Vigo.
O informe de Cultura revela deficiencias -68 segundo o PSOE- "que se deben correxir, de cara á consecución dun tratamento oportuno e compatible coa protección" do patrimonio cultural. "Para alcanzar o informe favorable", agrega o documento, o plan "deberá recoller todas as consideracións relacionadas" nun anexo de oito folios. Nel realízanse observacións arquitectónicas e arqueolóxicas, que afectan á ordenación de contornos como o do monte da Guía, o Castro, Castrelos ou o pazo da Pastora. A Consellería de Cultura tamén insta a correxir diferentes delimitacions en función dos grados de protección no contorno dos bens de interese culturais.
.
Acordo parcial Xunta-Concello
.
A Dirección Xeral de Urbanismo, da Consellería de Política Territorial, chegou onte a un principio de acordo co Concello de Vigo sobre a clasificación do chan no novo Plan Xeral. A Xunta admitiu a documentación presentada polo Concello vigués para xustificar máis da metade dos 59 chans urbanizables que rexeitaba Política Territorial, segundo recoñeceu o responsable autonómico de Urbanismo, Ramón Lueje. O resto deberá permanecer sen cambios, ao considerar a Xunta que non están garantidos os servizos básicos -saneamiento e abastecemento, entre outros- que require a cualificación de chan urbanizable.
O Concello de Vigo estivo representado na reunión de onte pola seu xerente de Urbanismo, Javier Rivas, quen recoñeceu que o acordo de onte "despexa o camiño" cara á corrección das deficiencias denunciadas no seu informe por Política Territorial. O Concello vigués deberá agora trasladar os cambios ao documento final, negociar coa Xunta as clasificacións de chan rústico e aplicar o informe negativo de Costas do Estado ao documento urbanístico.

EL PAIS

Ningún comentario: