Cultura aclara que o informe de Patrimonio sobre o PXOM é "favorable pero condicionado" aos cambios
..
A conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo, aclarou que o informe emitido en xaneiro deste ano pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) de Vigo é "favorable pero condicionado" a que o Concello corrixa as deficiencias nel sinaladas.
.
Bugallo, que fixo estas declaracións aos medios tras participar na inauguración do Salón do Mar e a Náutica de Vigo, explicou que o primeiro informe de Patrimonio sobre o Plan vigués, de abril de 2005, si era negativo, pero non o segundo, fechado o 19 de xaneiro deste ano, faise un dictame favorable, pero suxeito á condición de que o PXOM emende as deficiencias que sinala.
.
Esta afirmación contrasta coa posición do PSdeG no Concello olívico, que denunciou a existencia dese informe que, segundo os edís socialistas, é "desfavorable e contundente" e que sería ocultado de forma "deliberada" polo Goberno municipal.
O concelleiro do PSdeG, Mauricio Ruiz Ceniceros, pediu, durante a reunión do Consello da Gerencia de Urbanismo de Vigo, que o Executivo local convoque con urxencia o Consello Sectorial de Urbanismo, para explicar o contido dese documento. Ademais, o concelleiro socialista criticou o feito de que non se deu a coñecer ese informe á propia Consellería de Política Territorial, co "risco" de que, se o departamento de María Xosé Caride aprobase o Plan, fose un planeamento con "deficiencias" por descoñecemento dese ditame de Patrimonio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario