martes, 3 de abril de 2007

O HUMEDAL DE O PORRIÑO


Ecoloxistas piden á Xunta que free a recalificación de solo xunto a un humedal.

.

Quince colectivos ecologistas uníronse para salvar As Gándaras de Budiño (Porriño), a maior extensión de lagoas de Galicia. As agrupacións advirten que este ecosistema de 700 hectáreas está ameazado por vertidos industriais, tallas ilegais e "múltiples pretensións" urbanísticas, pese a tratarse dun área protexida pola Rede Natura.

Para salvagardar o enclave, os ecoloxistas reclaman á Consellería de Política Territorial que, entre cousas, denegue a aprobación do Plan Xeral de Tui, xa que o proxecto pretende recalificar solo para uso industrial nas proximidades do humedal. Reclaman tamén á Xunta que pare as recalificacións de terreos limítrofes que pertencen ao municipio de Porriño.

As asociacións, entre elas a Federación Ecoloxista Galega, Adega, Verdegaia e a Asociación Herpetológica Española, aseguran que os terreos que se pretenden destinar a actividades industriais foron retirados da Rede Natura polo anterior Goberno do PP. Os ecoloxistas sosteñen que en 2004 o Goberno de Manuel Fraga excluíu 200 hectáreas da área das Gándaras de Budiño que tiña previsto preservar. O solo que agora o Concello de Tui quere declarar como industrial está incluído naquela superficie desprotexida, que tamén se aproveitou para construír a autopista Puxeiros-Tui.

As Gándaras de Budiño están xunto a un parque empresarial e dentro do seu perímetro levántanse instalacións e naves industriais. Os ecologistas piden á Consellería de Vivenda que traslade estas construcións.

Ningún comentario: