DESASTRE: UNHA PIZARREIRA PON EN PELIGRO UNHA ZONA DO COUREL
.
“Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”
.
.
Amigas e amigos:
Somos a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de tod@s. Propiedade común son tamén as augas que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan por milleiros de regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León, Galiza e Portugal, ata o Mar
.Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”,reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto”.
.Esta Asociación, no outono de 2004, coa vosa axuda, fixo unha campaña na defensa do Courel . A Xunta De Galicia na primavera de 2005 respondeu cunha proposta de Parque Natural totalmente mutilada, deixando fora todo o sur do Courel para as pizarreiras existentes e outras tantas novas que se pretendían autorizar...
.
Está recoñecido o Courel, como o territorio de maior biodiversidade de Galicia, debido a factores climáticos, xeolóxicos, orográficos, pero sobre todo pola actividade humana, dende tempos remotos, compatible coa conservación do medio natural. Nestes últimos anos, aínda que protexido oficialmente, estase a levar a cabo unha “política escondida” de despoboamento interesado e devastación co único obxecto de favorecer o avance e o lucro de empresas sen escrúpulos.
.
.
Por iso queremos denunciar unha gran catástrofe ambiental que se está a producir no Courel e que se estende polas augas do Lor, Sil e Miño ata o Atlántico.
.
Trátase da coñecida canteira ilegal de pizarra “La Campa”. Promovida por CUPIRE PADESA SL e filiais (http://www.cupirepadesa.com/), líder mundial na producción e comercialización de pizarra.
.
http://www.xunta.es/conselle/cma/GL/CMA05e/p05e02.htm, (Páxina da Xunta de Galicia) podedes comprobar o enorme burato que a Xunta de Galicia reservou para esta e outras canteiras, no mapa do LIC Ancares-Caurel, na última proposta á Comisión Europea, pendente aínda de aprobar por esta. Deixando fóra hábitats de interese comunitario como soutos, prados naturais, uceiras, bosque de ribeira, ......
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario