xoves, 13 de setembro de 2007

LUZ VERDE DE MEDIO AMBIENTE (AAE)

Caballero sinala que os requisitos de Medio Ambiente para dar luz verde ao PXOM son "anotacións"
.
O Concello de Vigo recibiu hoxe a resolución cos cambios que debe introducir antes de reenviar o Plan á Xunta
.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou hoxe os cambios esixidos pola Consellería de Medio Ambiente para dar luz verde ao Plan Xeral de Ordenación Municipal como "anotacións" que non atrasarán o proceso de aprobación do Plan. En declaracións aos medios ao termo da reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo, afirmou, á vista do informe que chegou hoxe ao Concello olívico, que a Consellería de Medio Ambiente dá luz verde ao Plan Xeral da cidade, xa que se pospón todas as declaracións mediambientais ata logo da aprobación do PXOM".
O rexedor mostrou a súa satisfacción porque "o PXOM pode continuar o seu camiño", e asegurou que as indicacións realizadas pola Dirección Xeral "non supón unha dilación especial no proceso, senón todo o contrario, unha luz verde". "Isto é unha aprobación do informe de inviabilidad, aínda que co mandato de que manteñamos unha vixilancia exhaustiva das cuestións ambientais", engadiu.
Nese sentido, o alcalde subliñou que os requisitos expostos polo informe son "anotacións" e que se poden introducir no Plan sen que eles supoña ningún problema para a súa tramitación. Trátase, afirmou, de correccións que se poden facer de forma "inmediata" e, nalgúns casos, "en cinco minutos".
.
RESOLUCIÓN DE MEDIO AMBIENTE
.
Segundo a resolución de Medio Ambiente, para que o Plan non teña que someterse á lei de avaliación estratéxica ambiental, o que atrasaría a súa tramitación, debe cumprir unha serie de requisitos, como que todo o planeamento derivado do documento deberá someterse no futuro á avaliación ambiental estratéxica. Así mesmo, reclámase que o PXOM estableza unha estratexia de ocupación, coa incorporación progresiva de cada ámbito ao tecido urbano.
Outros dos requisitos son: que se garanta o abastecemento de augas e a depuración, así como a ausencia de risco de inundacións, a integración no documento do proxecto da nova depuradora na desembocadura do Lagares (onde está a actual), a incorporación de autorización previa para calquera obra que se faga no dominio público hidráulico, ou a inclusión dun estudo de prevención de contaminación acústica e electromagnética. Ademais, pídese que o PXOM clasifique como Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais (SRPEN) todos os ámbitos caracterizados polo seu alto valor natural, e que se inclúa tamén un plan de seguimento da sustentabilidade do PXOM ao longo do tempo.
.
CUMPRIMENTO DE REQUISITOS
.
Este informe da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, con data 10 de setembro, conclúe que "para continuar co procedemento de declaración de inviabilidade" do sometemento do PXOM á lei de avaliación estratéxica, o Concello de Vigo debe cumprir estes requisitos e enviar a "copia definitiva" do Plan á Xunta.
Fontes da Consellería de Medio Ambiente insistiron en que a "folla de ruta" para dar luz verde ao Plan está marcada por eses requisitos e evitaron valorar a interpretación do alcalde acerca da resolución recibida hoxe. Así, remítense ao que pon o informe, é dicir, á necesidade de que se introduzan os cambios e se reenvíe o PXOM á Xunta.

Ningún comentario: