Duras críticas ao Plan Xeral dos profesores Souto e Montalvo
.
Unhas duascentas persoas acudiron onte á convocatoria de Outrovigo é posible para asistir a un coloquio-debate no Centro Social Caixanova sobre O que oculta o Plan Xeral. Xosé Manuel Souto, catedrático de Xeografía, e Javier Montalvo, profesor de Ecología Aplicada da Universidade de Vigo, lanzaron duras críticas contra o documento urbanístico.
Souto asegurou que os datos familiares e demográficos da cidade son tercos: «O mercado dá vivenda non funciona porque aumenta espectacularmente o número de vivendas baleiras e case a metade dás persoas de entre 16 e 34 anos teñen que vivir cos seus pais e non poden independizarse». Tachou de «falacia» as previsións demográficas que se apuntan para xustificar a construción dun número determinado de vivendas. O catedrático bota en falta «criterios de cidadanía», porque os técnicos elaboraron un documento para logo facer consultas e liquidar o debate en dous meses. El colaborou no plan do 93 e entón fíxose unha gran enquisa na que os veciños do rural daban un alto valor á súa forma de vida fronte ao caótico centro («iso está testado», apuntou). Igualmente, alertóu sobre os volumes edificatorios e advertiu que as torres en determinados lugares tapan a paisaxe (citou o Val do Fragoso como sinal de identidade e dixo que operacións urbanísticas como a de Gran Vía xa provocaron o encausamento do concelleiro Barbazán en tempos de Portanet). Jesús Montalvo afirmou que o PXOM, se se leva adiante tal e como está, supón unha ameaza medioambiental e «a degradación da calidade de vida de todos os vigueses». Advertiu que proxecta vivendas e estradas innecesarias, incrementará a contaminación e supoñerá a destrución da paisaxe rural.
Ao seu xuízo, o equipo redactor do plan «confunde crecemento económico con desenvolvemento» e planifica «unha ocupación desmesurada do solo» para edificios e infraestructuras. O valor ambiental que lle dan ao territorio é de 2,5 puntos sobre 10, «similar ao do antigo vertedoiro de O Zondal».
1 comentario:
O profesor Souto é un dos que máis saben sobre o urbanismo en Vigo, e o seu libro "Vigo: cen anos de historia urbana" debía ser de obligada lectura nos institutos vigueses. Pero pode tamén ser de lectura interesante nestes momentos, un publicado en Barcelona "El cielo está enladrillado. Entre el mobbing y la violencia urbanística" pódese atopar na rede. Nél expoñense claramente as relacións entre institucións, partidos, constructores e entidades financeiras. Saúde
Publicar un comentario