Miles de vigueses pediron por terceira vez un novo Plan Xeral
.
A alcaldesa e os concelleiros Figueroa e Toba recibiron a maioría das críticas
.
Os colectivos convocantes anuncian que seguirán as protestas no futuro
.
A campaña electoral comezou en Vigo cunhas horas de adianto. Ás oito da tarde dábanse cita na praza do Rei varios miles de persoas para protestar contra o proxecto do Plan Xeral que aprobaron PP e BNG, e pedir cambios substanciais no documento. Desde alí dirixíronse por Cachamuiña, paseo de Alfonso, Elduayen e Policarpo Sanz ata o cruzamento de Colón.
Foi exactamente o mesmo percorrido do 13 de abril, pero esta vez a cifra de manifestantes resultou inferior. A fase de alegacions provocou entón unha tensión maior que agora, o que sen dúbida minguou a resposta.
Armados con ducias de pancartas e carteis e huérfanos de todo apoio organizado (partidos políticos, sindicatos ou movementos sociais), coa excepción dun partido extramunicipal como Esquerda Unida, a marcha contou cunha escenificación coidada. Tampouco aforraron unha tirada de petardos coincidindo coa chegada á praza da Princesa, onde ten a súa sé a federación veciñal.
En tono festivo, os participantes corearon cánticos nos que facían burla do eslogan municipal para publicitar o Plan Xeral («Vigo namorarache») e do feito de que algúns dos principais dirixentes municipais residan en municipios veciños.
Pese a que baixou a cifra de manifestantes, posiblemente foi superior o número de pancartas e de colectivos participantes. Moitos deles foron coñecendo detalles do plan que non lles gusta nas últimas semanas e decidiron acudir.
Alleos ao desánimo pola disminución de asistentes, á hora do comunicado advertiuse que as protestan van seguir. O obxectivo de sempre é lograr que o Concello introduza cambios substanciais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario