Un novo foco en contra do PXOM na zona de Beiramar
.
O plan pretende converter un área verde comunal de 400 metros cadrados nunha rúa
.
Os veciños de San Gregorio protestan con pancartas nas fachadas dos seus fogares
.
Os veciños da curva de San Gregorio decidiron protestar con pancartas nas súas vivendas pola expropiación á que lles obriga o PXOM e que lles restará máis de 400 metros cadrados de zona verde que posúen detrás das súas casas. A superficie, que pese a aparecer no proxecto de urbanización como un camiño e que segundo os veciños nunca tivo esta función, vai ser destinada á construción dunha rúa entre a avenida de Beiramar e a rúa San Gregorio.
Se en principio o citado vial ía ser mixto, cun tramo para tráfico rodado e outro de acceso por escaleiras, finalmente o último plan urbanístico recoñéceo como rúa e dálle saída. Pero malia esta modificación as comunidades de veciños mostran a sua disconformidade ante un vial «feito en exclusiva para os novos edificios que se van a construír na parte traseira da devandita zona e que tendo acceso desde esta rúa poderán ter máis alturas», comenta José Díaz Dávila, presidente dun dos sete bloques afectados. Pois se nun comezo a zona ía ser destinada a unha nave industrial, co novo plan recoñécense eses terreos como edificables. En total son setenta vivendas que se verán privadas «dunha das poucas zonas verdes coa que contamos, na que xogan os nenos, de feito nun principio aparcabamos os nosos coches pero decidimos retiralos para evitar ruídos e contaminación», comenta Rafael, presidente da comunidade exterior.
.
Indemnizacións
A franxa, que chegou a contar ata con columpios, está bordeada dun muro baixo con valla metálica que impide que os pequenos póidanse extraviar ou poidan correr riscos por causa do tráfico. Este espazo é de uso común e complementa os xardíns que a urbanización, chamada Casas da Xunta de Obras do Porto, ten na parte dianteira das vivendas. O mantemento e os gastos de ambos son por conta dos veciños.
A indemnización pola expropiación apenas alcanza os 36 euros por metro cadrado, unha cifra que os interesados estarían dispostos a abonar ao Concello con tal de conservar o espazo de herba co que contan.
Ademais da perda dunha zona verde, enfróntanse a outros perigos «unha rúa tan estreita e tan preto da zona de prostitución pódese converter rápidamente nun lugar habitual para as mozas que están en Beiramar, e as fiestras das nosas casas quedan pegadas ao vial», comenta José María Rei, secretario da comunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario