martes, 12 de setembro de 2006

XUNTANZA ALCALDESA CO CONSELLEIRO...

NOTA DE PRENSA

“A alcaldesa voltará de Santiago cun suspenso irrefutable no exame de setembro”
.
A alcaldesa non se ten aplicado no estudio da Lei e o Conselleiro de Medio Ambiente terá que suspéndela no examen oral de mañan. Tal vez, a nosa máxima rexedora non desexa o aprobado, e dicir, que a Xunta de o visto e prace ao Plan Xeral de Vigo o antes posible. Pola contra, pretende retrasalo cuestionando a legalidade das decisións da Xunta cando o verdadeiramente inapropiado é a súa actuación.
Pretende demostrar que o “examinador” (a Xunta) non sabe a lección, cando é o Concello de Vigo que non fixo os deberes. A Sra.Porro debería representar mellor os intereses de Vigo. Ten feito do PXOM o proxecto estrela do seu mandato e a este paso o máis probable é que se celebren as eleccións municipais de 2007 sen un novo Plan. A Sra. Porro disgustalle a interrupción do prazo de estudio do PXOM pola Xunta, realizada no exercicio indubitable de competencias urbanísticas da Administración autonómica, que obriga a facer un PXOM ben feito. Mesmo a Sra. Alcaldesa formula impugnar ao “examinador”, ameazando cun recurso contencioso administrativo. Tal recurso é totalmente inviable xa que a Xunta se axusta a dereito na toma de dita decisión -non procede- e xa que a interrupción está motivada: faltan informes e documentos preceptivos.
A alcaldesa debería comezar canto antes a respetar a legalidade e cumprir coa ineludible obriga de someter ao PXOM a avaliación ambiental estratéxica (AAE). Négase reiteradamente a estudiar como é debido os impactos sociais e ambientais do PXOM, e usou uns “malos apuntes” para soster o insostible: un informe municipal cheo de argumentos refutables e gratuitos. Mantén que o PXOM non necesita AAE, cando a verdade é que o PXOM viola os principios de sostenibilidade, entre outras moitas deficiencias. Para escapar deste feito pretende sortear a Lei 9/2006 segundo a cal a AAE debe aplicarse “a los planes cuyo primer acto preparatorio formal sea anterior a 21 de julio de 2004 y cuya aprobación definitiva (pola Xunta) se produzca con posterioridadeal 21 de julio de 2006”, dúas condicións que se axustan completamente ao PXOM de Vigo.
A imprevisión na depuración das augas residuais de Vigo é unha das máis importantes deficiencias do PXOM. Tras o recente fracaso da súa faraónica proposta de depuradora en Baiona, que demostra a súa incapacidade para propoñer unha alternativa local, agora visita ao Conselleiro de Medio Ambiente para pregarlle que incumpla a Lei. Voltará de Santiago cun suspenso irrefutable, como unha mala alumna máis que como unha verdadeira lider que defenda con seguridade xurídica que Vigo necesita.

Vigo, 12 Setembro 2006

Ningún comentario: