mércores, 1 de novembro de 2006

OS MALES DA DEPURADORA


"DE NOVO A DEPURADORA"
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Segundo os informes dos técnicos, o mantemento e a explotación das instalacións por parte da empresa concesionaria resulta "evidentemente deficiente", á vez que se explica que non ten suficiente capacidade para tratar as augas residuales xeradas no término municipal e que presenta problemas derivados da súa construción.
-O Valedor do Pobo, pide que se poña fin aos malos cheiros que, entre outras cousas, viola os dereitos constitucionais á intimidade persoal e familiar, ao medio ambiente adecuado, á calidade de vida e á saúde dos veciños do seu contorno.
-Crítico co Concello e a Xunta, responsables de construír unha depuradora «inadecuada» nun lugar «incorrecto», o informe precisa que a competencia do saneamento é municipal, polo que é o goberno local quen debe impulsar as medidas correctoras.
-Segundo a versión oficial, nun día de xuño, a pleno sol e con varios días sin chover, o caudal que entra na depuradora é de 2.400 litros/seg., cifra que se incrementa durante a maior parte do ano, dado que e unha zona de choivas importantes. No outono e inverno, o caudal medio vai a superar os 3.000 litros, polo que a depuradora nunca vai chegar ao obxetivo oficial dos 1.500 litros. Isto ven a demostrar-nos que a depuradora está mal dimensionada, e dicir, que non é suficiente para unha cidade como a nosa.
-Ademaís, as augas non serán tratadas na sua totalidade co tratamento secundário ou biolóxico, dada a falta de espacio para a construción dos dixestores. A alternativa poderia ser que só se realizara aqui o tratamento primario (separación de entullos, plásticos, papeis, graxas, areas...) e despois bombear as augas a outro lugar para realizar o tratamento correcto na sua totalidade.
-Como as augas entrantes son de todo tipo (fecais, industriais e pluviais) e non saben exactamente que é o que están depurando, tampouco saben o que están queimando na antorcha do metano ou biogás, polo que os cheiros producidos son insoportabeis. A maiores ainda non saben dicir con exatitude que sae por esa cheminea, co conseguinte risco para a saude pública.
-O Conselleiro de Medio Ambiente, relatou que a carga contaminante da depuradora do Lagares "é 800 veces superior á das industrias" e indicou por exemplo que durante o pasado mes de marzo esta mesma depuradora "deixou de tratar preto de 900 litros de augas residuais por segundo, que se foron directamente o río Lagares e despois ao mar". Á beira están as depuradoras de residuais de Soutomaior, Redondela e Teis, con tratamentos de desinfección pouco efectivos. Manuel Vázquez asegurou que solucionadas as deficiencias nesas estacións e construída a nova depuradora "vaise solucionar o 90% dos problemas" e que o 10% restante, atribuíbel ao Porto de Vigo e parte do sector industrial, "xa está en vías de solución".
-Por moitas voltas que lle dean tanto os políticos do Concello como os da Xunta, a depuradora do Lagares non pita. Son moitos os millons investidos nesta obra, e dende Coruxo seguimos reclamando medidas que melloren o seu penoso funcionamento.
-Os portavoces políticos do Concello de Vigo, admitiron que as deficiencias na depuradora son "un dos problemas máis graves da cidade", e o Sr. Figueroa, recoñeceu a responsabilidade compartida e erro colectivo de todos os grupos políticos desde o momento en que se decidiu construir a depuradora.



Ningún comentario: