venres, 29 de decembro de 2006

A DEMOCRACIA DO P.P.





O GOBERNO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR, NON ENTENDE DE DEMOCRACIA.

.A POLICIA LOCAL DE VIGO, NUNCA ENTENDEU QUE ESTÁN AO SERVIZO DA CIDADANIA E DA DEMOCRACIA.

A policía local impide recoller sinaturas contra o Plan Xeral

.Os colectivos informaran por escrito previamente ao Concello

O PP opta pola dureza en vésperas de que a Xunta decida se aproba o texto urbanístico e salta polo aire a democracia

. En plena etapa de distensión tras anos de polémica urbanística o goberno municipal do PP optou onte por unha exhibición de forza. Seis axentes municipais que declararon cumprir ordes do concelleiro de Seguridade (O chamado Sr. Coello) impediron a Outro Vigo é Posible (OVEP) e Alternativa Veciñal (AV), recoller na rúa do Príncipe sinaturas en contra da aprobación do Plan Xeral, manifesto que se lle enviará ao presidente da Xunta no mes de Xaneiro próximo.

A asociación comunicara ao Concello o 14 de decembro a súa intención de realizar a recolleita de sinaturas. Sen problema algún instalouse unha carpa e varias infografías e unha mesa fronte o Marco entre as datas do 19 e o 22 de decembro. Esta semana reiniciouse o acto de recolleita de sinaturas o martes 26 de decembro, sempre polas tardes entre as 18 e as 20,30 horas. O mércores axentes municipais comunicáronnos que careciamos de permiso e onte finalmente a policía Local nos instounos a paralizar a recolleita de sinaturas e desmontar todos o existente e se non, eles mesmos o desmontarían.

Os intentos de buscar unha solución por parte de OVEP e de Alternativa Veciñal foron infrutuosos. Os axentes non aceptaron a exhibición das pancartas e infografías finalmente tivemos que desistir. A única opción que recibimos foi que presentaramos un escrito por rexistro ao día seguinte.

A decisión dos responsables municipais do Partido Popular choca coa mantida durante os últimos anos. As protestas de numerosos colectivos opostos ao Plan Xeral foron consentidos polo PP a fin de non crispar aínda máis unha situación que alcanzou notable tensión en diversos momentos.
A represión está na rúa, o Partido Popular e a Policia Local de Vigo, non esquecen tempos pasados de mando e ordeno, saltando polo aire a democracia e a liberdade.

1 comentario:

Anónimo dixo...

ánimo na loita contra os tiburóns urbanísticos!!!