xoves, 21 de decembro de 2006

UN PXOM SOSTIBLE

ESIXENCIAS DUN PLAN SOSTIBLE
.
O Concello de Vigo deberá remitir á Consellería de Medio Ambiente un estudo sobre a xeración e xestión dos residuos urbanos que garanta o incremento da capacidade de recolleita e tratamento para a totalidade dos novos asentamentos previstos no PXOM, segundo unha carta remitida onte á alcaldesa, Corina Porro, polo director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, que inclúe outras demandas de documentación e xustificación pola súa ausencia do expediente que ha de valorar a Xunta.
A movilidade sostible é outro aspecto do que se demanda información, con análise das repercusions ambientais derivadas do previsible aumento de vehículos privados e a xustificación de que o novo planeamento mellorará indicadores como a distribución modal do espazo público (para vehículos privados ou transporte público, para peóns ou bicicletas), todo iso para garantir que o PXOM compatibiliza o crecemento urbanístico coa sostenibilidade medioambiental.
O PXOM tamén debe valorar as emisións á atmosfera dos principais contaminantes, incluíndo as fontes de orixe doméstica, industrial, tráfico rodado e outras.
Tampouco inclúe o PXOM de Vigo, segundo Emilio Fernández, un estudo acústico suficiente que xustifique a consideración deste tipo de contaminación entre os criterios directores do modelo de ordenación desenvolvido no plan. A tal fin deberá establecer medidas de protección en torno ás infraestruturas viarias e documentar a situación actual como a previsible unha vez acometida a urbanización.
Outros requirimentos refírense á xustificación sobre a suficiencia do fornezo de auga, con indicación do caudal efectivo de abastecemento dispoñible, e a garantía de protección dos recursos hídricos, que o PXOM non fixa de modo suficiente, segundo Desenvolvemento Sostible.
El Pais

Ningún comentario: