luns, 19 de marzo de 2007

AS DIFERENCIAS DO BNG NIGRAN-VIGO

O BNG promete a redacción dun novo Plan Xeral en Nigrán
.
Mais de trescentas persoas asistiron o sábado ao acto de presentación pública de David Giráldez como candidato á alcaldía de Nigrán polo BNG no Hotel Miramar de Praia América, no que estivo arroupado polo membro da executiva nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, e pola deputada do congreso, Olaia Fernández que tamén participaron no acto.
David Giráldez fixo un recordatorio sobre a tramitación do PXOM de Nigrán, destacando a importancia das próximas eleccións en Nigrán e anunciou que se o BNG consigue a alcaldía de Nigrán o Plan Xeral do anterior goberno municipal morrerá definitivamente e se irá canto antes á contratación dun novo plan coa máxima transparencia e participación veciñal.
O candidato do BNG advertiu que non se debe traballar, como pretenden outros grupos políticos, na modificación dun documento do PXOM tan só retirado temporalmente e sobre o que pesa a sospeita da corrupción urbanística e o trafico de influencias do goberno municipal cos grandes promotores inmobiliarios.
O candidato nacionalista prometeu a redacción dun novo Plan de Ordenación que responda ás necesidades.

Ningún comentario: