Tres constructoras fanse co control das últimas parcelas de GEA
Subel, Castro e Copasa ofreceron 12,6 millóns de euros na puxa por Vanosa
O novo PXOM prevé converter 40.400 metros cadrados de solo industrial en case 500 pisos
As constructoras Subel, Castro e Copasa gañaron a puxa polas parcelas da antiga fábrica Vidros Automáticos do Noroeste SA (Vanosa), pertencente ao Grupo de Empresas Álvarez. A alianza destas empresas ofreceu 12,6 millóns de euros por 40.400 metros cadrados de solo industrial na rúa Ramón Neto, en Cabral. A puxa foi realizada onte no xulgado de Instancia número 3, que hoxe dictará o auto de adquisición. No entanto, a resolución está pendente do dereito de tanteo do banco BBVA pois así o acordou cos nove membros do comité de empresa, anteriores xestores da propiedade.
Trala adquisición deste último lote, as tres firmas conseguen reunir a maioría dos terreos da antiga fábrica de GEA en Cabral e a parcela de Mohasa en Coruxo. Cada unha comprara anteriormente e por separado distintos lotes aos sindicatos que obtiveron a propiedade como acreedores. A firma Subel adquiriu a parte da CIG, Castro presentou unha oferta ao Grupo de Opinión (GOC), e Copasa investiu na parcela en poder de CC OO, UGT e USO.
As tres empresas viron onte máis beneficioso unir o seu capital na puxa, e logo repartirse o lote de terreos, que competir entre si. Tiñan como rival á constructora Risoulas, entre outros. O prezo de saída era de 1,8 millóns pero o primeiro sobre aberto subiuna a 9,6 millóns. Sucedeuse unha riña puxa con trece melloras de prezo ata que o trío constructor fíxose cos terreos por tres millóns de euros máis.
As inmobiliarias ven negocio nesta zona industrial porque o novo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) prevé recalificar o solo como urbanizable. Segundo o plan, a parcela de GEA mide 119.000 metros cadrados e permite construír 1.400 vivendas con edificios de dez alturas como máximo. De estas, 470 vivendas estarían situadas na parcela de Vanosa.
Ademais, a área Santa Clara 1, situada detrás dos pisos de GEA, terá unha edificabilidade de 23.000 metros cadrados, con capacidade para 330 vivendas e edificios cun máximo de sete alturas. En total, o número de vivendas nos antigos terreos de GEA en Cabral ascenderá a 1.730 vivendas. Quedan fóra do proceso, polo momento, 100 pisos do Grupo Álvarez onde residen en aluguer ex traballadores e outros.
.
Débeda salarial
.
O milleiro de ex empregados pactaron coas tres constructoras que estas abonen contorno ao 30% ou 40% dos salarios pendentes de cobrar. Os ex traballadores reclaman unha media de 72.000 euros.
A débeda salarial total estimada ascende a 60 millóns de euros, da que, polo momento, os acreedores recuperaron un 30%. Coa venda de Vanosa, «esperamos sumar algo máis», afirma Ricardo Domínguez, portavoz da Asociación de Afectados de GEA (GOC). A porcentaxe do recuperado tras a poxa de Vanosa situarase no 40% e, cando finalice todo o proceso, poderíase lograr o 50%.
Fontes xudiciais insistiron en que os resultados da puxa son provisionais, á espera de saber se o BBVA vai exercer o seu dereito de recompra.
1 comentario:
Me gusta vuestra página y solo lamento que más vigueses no la utilicen en sus comentarios. Adelante. Saludos. Javier Sieiro.
Publicar un comentario