xoves, 19 de abril de 2007

ADXUDICAR CONTRATOS MILLONARIOS

O PP intenta adxudicar en Vigo contratos por 100 millóns antes das municipais
.
Porro outorgará en 20 días seis aparcamentos, dúas piscinas, o mobiliario urbano e a ORA
.
O Partido Popular está decidido a despedir o mandato no Concello de Vigo cunha masiva adjudicación de obras e servizos públicos. De acordo cos plans do goberno de Corina Porro, nos próximos 20 días resolveranse os concursos públicos de seis grandes aparcamentos, dúas piscinas, o mobiliario urbano e o estacionamiento regulado en superficie. En total, as adjudicaciones superarán ampliamente os 100 millóns de euros. A condición minoritaria do grupo do PP non lle impedirá sacar adiante as contrataciones, xa que son competencia da Xunta de Goberno Local. A menos de seis semanas para as eleccións municipais, o goberno local de Vigo pretende sacar adiante cinco contratos pendentes, que supoñerán uns ingresos para o concello que preside Corina Porro superior aos 100 millóns de euros. Trátase de expedientes de longo percorrido que se acumulan enriba da mesa da alcaldesa, e que o seu goberno pretende resolver no prazo de 20 días.
Os dous contratos máis cuantiosos son os de senllos lotes para a construción e explotación durante 50 anos de tres aparcamentos soterrados cada un, que afectan a rúas tan céntricas como Policarpo Sanz, Areal ou Rosalía de Castro. As dúas primeiras rúas forman parte xunto a Pintor Colmeiro dun primeiro grupo de estacionamentos ao que optan 11 empresas, con ofertas que oscilan entre os 27 e os 37 millóns de euros, aproximadamente. O outro lote, que se completa cos aparcamentos de Jenaro de la Fuente e Castelao, conta con propostas de entre 25 e 32 millóns de euros.
Outro contrato relevante dos que se adxudicarán antes das eleccións é o do estacionamiento regulado, a antiga ORA, que pasará a denominarse Xestión de Estacionamento Regulado (XER). A adjudicataria do servizo deberá ingresar nas arcas municipais uns 40 millóns de euros, a razón de 2,1 millóns ao ano actualizables durante os 14 anos que dure a concesión, con posiblidad de ampliarse noutros catro anos.
Tamén en cuestión de días, a Xunta de Goberno decidirá entre unha das tres ofertas que se presentaron para a construción e explotación de dúas piscinas, nas zonas de Barreiro e A Florida. De acordo co modelo elixido polo goberno municipal, o Concello poñerá os terreos a disposición da adjudicataria, que se fará cargo en exclusiva tanto das obras para construír as piscinas como da súa posterior explotación. As propostas oscilan entre os 8,9 e os 15,7 millóns de euros.
A quinta das adjudicaciones que Corina Porro pretende resolver antes das eleccións do 27-M é a que permitirá renovar todo o mobiliario urbano da cidade, a cambio dun canon duns 40.000 euros ao ano. Tamén neste caso, o goberno local intenta arranxar nuns días o que non puido solucionar ao longo do mandato, xa que o pliego de condicións establecía criterios xa para o primeiro trimestre de 2007, en previsión de que o contrato entrase en vigor o ano pasado. Aínda que hai tres ofertas, dous xigantes do sector pugnan pola adjudicación: a francesa JC Decaux e Cemusa, ligada ao grupo FCC.

Ningún comentario: