María José Caride reitera que as correccións do PXOM de Vigo “son requisito legal, polo tanto non negociables”
.
A lei marca “taxativamente” o procedemento legal para aprobar definitivamente un PXOM, indicando que este debe pasar polo Pleno da Corporación e ser remitido logo á CPTOPT con todos os informes necesarios para que esta resolva.

A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, reiterou hoxe no Porriño a preguntas dos xornalistas a necesidade de que o Concello de Vigo realice no seu Plan Xeral de Ordenación Municipal todas as correccións esixidas na Orde do 19 de xaneiro xa que estas non son “imposicións” da CPTOPT, como di o Concello, senón “requisitos indispensables para cumprir coa legalidade e, polo tanto, non son negociables. Esas correccións deben ser realizadas polo Concello, xa que a lei marca “taxativamente” o procedemento legal para a aprobación definitiva de cada plan. Este procedemento establece que o documento, unha vez corrixido, debe ser aprobado provisionalmente polo Pleno da Corporación e, xunto con todos os informes necesarios, remitidos á Consellería para que esta resolva.
A conselleira tamén recordou que “foi o Concello o que se deu un mes e medio de prazo para realizar as correccións e non son eu quen ten que responder diso, senón quen adquiriu ese compromiso”. María José Caride reiterou que a CPTOPT mantén o seu compromiso de resolver sobre o PXOM nun mes, en lugar dos tres meses que permite a lei, a partir do momento en que se reciba toda a documentación con todas as correccións realizadas así como con todos os informes requeridos, e lembrou que o Concello aínda está pendente de obter a necesaria declaración da Consellería de Medio Ambiente sobre o procedemento de Avaliación Estratéxica Ambiental. Pero a conselleira preguntouse “qué estivo facendo o Concello dende 2004”, cando xa a anterior Consellería de Política Territorial, dirixida por Alberto Núñez Feijóo, detectara a maioría das deficiencias que sigue a presentar o PXOM e que están especificamente indicadas na Orde do 19 de xaneiro. Por iso, a titular da CPTOPT pediulles aos responsables municipais “que non lle trasladen confusión aos cidadáns vertendo opinións claramente interesadas e electoralistas”.
A CPTOPT sempre fixo pública a necesidade de que Vigo contara cun Plan Xeral de Ordenación Municipal dotado de seguridade xurídica e adaptado á legalidade vixente, independentemente do tempo que precise.

1 comentario:
Ya va siendo hora de que resaltemos a la auténtica defensora de la legalidad en el urbanismo. M.José Caride es una política valiente y que nos deja buen sabor con su trabajo y temple.Señores de Alternativa Veciñal, un homenaje a la moza que, aparte de ser de Vigo, está luchando practicamente sola contra toda la presión mediática y económica de la ciudad. Por ella. Saludos.Javier Sieiro.
Publicar un comentario