xoves, 3 de maio de 2007

NA CADEA POR DELITO ECOLÓXICO

O ex alcalde de Pego, primeiro cargo público que ingresa na cadea por delito ecolóxico
.
O PP presenta á alcaldía á esposa de Carlos Pascual, condenado a seis anos
.
Carlos Pascual, alcalde de Pego (Alacante) entre 1995 e 2003, converteuse onte no primeiro cargo público que entra na cadea por delito ecolóxico. Pascual ingresou no cárcere de Picassent (Valencia) tras ser rexeitado un recurso de súplica que presentou por motivos humanitarios. O ex alcalde está condenado a seis anos por causar graves danos no parque natural do marjal de Pego-Oliva entre 1996 e 1998, ao promover a recuperación de cultivos prohibidos e subir o valor das leiras particulares. O PP presenta á esposa de Pascual, Maite Ferràndiz, como candidata á alcaldía.
Carlos Pascual, inhabilitado para ocupar cargo público por un periodo de seis anos e esposo da candidata popular á alcaldía de Pego, ingresou onte voluntariamente antes das oito da mañá no centro penitenciario de Picassent despois de que a sección terceira da Audiencia de Alacante desestimara un recurso de súplica no que alegaba motivos humanitarios e de saúde para eludir a prisión.
Pascual, ex alcalde de Pego entre 1995 e 2003 primeiro como candidato de Unión Valenciana e logo como independente, foi condenado por actuacións realizadas entre 1996 e 1998. Anos nos que queimou vexetación do marjal do municipio de forma intencionada, rebaixou o nivel do auga do humedal, instalou bombas para extraer auga e construíu camiños e diques para facilitar o paso de vehículos. Todo iso baseándose nun plan local declarado ilegal e sobre unha zona do parque natural declarada de especial protección. A consecuencia destas actuacións, 600 hectáreas do parque quedaron afectadas, rexistrouse unha morte masiva de peixes, baixou notablemente o nivel da auga do marjal e constatouse perigo de desecación.
A Audiencia Provincial de Alacante condenoulle en 2004 a tres anos de cárcere por delito ecolóxico, outros tres por desobediencia e quebrantamento de medida cautelar, ademais dunha multa de case 8.000 euros e unha indemnización de 1,2 millóns de euros. Para o cumprimento desta última, sinalouse como responsable civil subsidiario ao Concello e á Comunidade de Regantes de Arrozales de Pego, cuxo presidente, José Orihuel, tamén foi xulgado e condenado nesta causa.
Segundo o fallo, Carlos Pascual e José Orihuel, pese a "coñecer o carácter de parque natural e as medidas do Goberno valenciano" acordaron realizar actuacións para recuperar os cultivos de arroz, paralizados desde 1982 de modo xeneralizado e así "lograr mellores prezos para as leiras particulares" xa que a Generalitat estaba comprando terreos no parque natural de Pego-Oliva.
A sentenza condenatoria da Audiencia Provincial de Alacante foi recorrida ao Tribunal Supremo, que acabou, en novembro de 2006, por confirmala. Para os distintos tribunais non cabo dúbida da natureza ilícita dos feitos, do coñecemento da ilegalidade que tiñan ambos procesados e do agravante que supoñía que o fixesen dous funcionarios públicos, xa que José Orihuel, foi tamén concelleiro de Agricultura con Pascual.
A decisión de situar como cabeza de lista do PP á alcaldía de Pego a Maite Ferràndiz, a esposa do condenado, contou co respaldo pleno da dirección provincial do partido en Alacante, que preside José Joaquín Ripoll, e non atopou ningún obstáculo na dirección rexional que preside Francisco Camps. E iso pese a que, con esta decisión, os populares sabían que o actual alcalde Carmelo Ortolá íase a dar de baixa do PP e ameazaba con liderar unha candidatura independente.
Con todo, os populares consideran que con Maite Ferràndiz de candidata garántense a obtención dun bo resultado electoral neste municipio, clave para seguir gobernando a Diputación de Alacante. O PP dá por feito que a esposa de Carlos Pascual obterá os votos dos seguidores do ex alcalde condenado, que gobernou Pego con maioría absoluta entre 1999 e 2003.
O actual alcalde, Carmelo Ortolà, que se deu de baixa do PP, manifestou que a creación dun goberno local de coalición co PSPV-PSOE e o Bloc Nacionalista Valencià en 2003 foi unha decisión política "excepcional". O obxectivo, á marxe das diferenzas ideolóxicas entre estes tres partidos, era restaurar a normalidade política trala etapa de goberno de Carlos Pascual na que se rexistraron "graves e reiterados incidentes, que resultaban intolerables en toda a sociedade democrática e causuraon unha inevitable alarma social". Ortolà advertiu que con Ferràndiz poden volver os insultos e a confrontación ao municipio.

Ningún comentario: