A avogada Inmaculada Rosas, especialista en temas de urbanismo, destacou que "os alcaldes están cos construtores, non cos cidadáns", e xustificou que as queixas vaian a Bruxelas: "Cando hai unha urbanización ilegal e pedimos a paralización das obras tardamos un ano no que o xuíz lea a petición, e como mínimo outro ano ata que resolva.
Ao final temos unha magnífica sentenza que non se pode executar porque se intentan minimizar as demolicións". E engadiu: "Como as obras fanse con licenza municipal non se pode aplicar o Código Penal ata que a vía administrativa declara o acto nulo".
O resultado é que as obras ilegais de cando en cando son demolidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario