venres, 13 de xullo de 2007

A CARMELA SILVA-CONCELLEIRA


O CONTO DA LEITEIRA
.

.[a esixencia de contar con plans de reducción de emisións de gases para informar favorablemente aos plans xerais (PXOM) por parte da Consellería de Medio Ambiente] "en principio a Vigo non lle afectaría, falta cumprir coa orde da Xunta, contar coa excepcionalidade que nos dará Medio Ambiente, e xa cumpriremos" (Carmela Silva)
.
Temos que aclarar á nova concelleira de urbanismo de Vigo que a excepcionalidade que se pide para o PXOM non é para que non cumpra a lei e a directiva comunitaria de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE), senón para non someterse ao procedemento establecido en devandita lei e directiva.
.
Polo tanto, desde o punto de vista da legalidade e a garantía de que o Plan non vai aumentar a contaminación nin prexudicar ao medio ambiente, é evidente que o PXOM debe dispor dun estudo de mobilidade que sexa sostible e que minimice as emisións de gases á atmosfera.
.
O concello de Vigo non é alleo ao quentamento global nin ao protocolo de Kioto.
.
Sabemos que estes temas non preocupaban nin ao equipo redactor, nin ao xerente de urbanismo, nin aos grupos municipais que querían aprobar o Plan co escape libre.

Ningún comentario: