Como botar unha man á Terra
.
A maior parte das emisións que se producen desde o fogar son de enerxías fósiles queimadas para xerar electricidade e calor. Usando a enerxía de modo máis efi ciente poden reducirse as emisións e baixarse as facturas ata un 30%.
As lámpadas de baixo consumo usan un 60% menos de enerxía que unha normal e reducen as emisións de dióxido de carbono. Case a metade da enerxía que usamos nos nosos fogares procede da cociña e da calefacción. Téñao en conta á hora de regular o termostato un par de graos por enriba ou por abaixo do habitual, segundo a estación. Ter limpos os filtros da campá extractora e do aire acondicionado supón tamén moito menos dióxido de carbono no ambiente.
.
Use menos auga quente
.
A auga quente gasta moita enerxía. Isto pode reducirse instalando unha ducha de baixo consumo e lavando a roupa en auga fría ou morna cando sexa posible. O uso do tendedeiro tradicional é tamén máis barato e ecolóxico que a secadora de roupa.
.
Apague a «caseta by» da electrónica
.
O simple feito de apagar a televisión, o DVD, o estéreo e a computadora cando non estea usándoa pode evitar que centos de miles de toneladas de dióxido de carbono salgan á atmosfera cada ano. E cando non se utilice un electrodoméstico durante un tempo prolongado convén desenchufalo da parede. O friegaplatos só debe usarse cando estea totalmente cheo. Ille o seu fogar contra o frío e a calor. Un apropiado illamento de paredes e fiestras pode permitirnos aforrar cada ano un 25% de enerxía, o mesmo que se reciclamos ou evitamos unha parte do lixo que xeramos, por exemplo, comprando produtos coa etiqueta de reciclables, o que permitiría aforrar ata un 90% da enerxía que se gasta actualmente neste tipo de industria.
.
Plante unha árbore
.
Unha soa árbore absorberá unha tonelada de dióxido de carbono ao longo da súa vida. No interior dunha vivenda, a presenza de plantas pode reducir a factura do aire acondicionado entre un dez e un quince por cento.
.
Coma menos carne
.
O metano é, despois do dióxido de carbono, o segundo gas que aumenta o efecto invernadoiro. As dietas graxas provocan a produción de metano no estómago, que se exhala en cada expiración.
.
Compre produtos locais e alimentos da terra
.
A viaxe media dun produto alimenticio ou de consumo desde o seu lugar de orixe ata o seu destino de venda é de centenares de quilómetros, o que supón un sobregasto en combustibles. Comprar artigos de procedencia próxima reduce esta tendencia. Este comportamento pasa tamén por dar preferencia aos supermercados locais antes que ás grandes superficies multinacionais e aos alimentos orgánicos.
,
Faga unha auditoría enerxética á súa vivenda
.
Hoxe en día xa hai especialistas que poden chequear con moita fiabilidade se o seu fogar está illado pobremente ou é ineficaz na distribución de enerxía. É posible aforrar ata un 30% na factura mensual de consumo de combustibles.
.
Cando sexa a hora de cambiar de coche, compre un híbrido
.
Aínda que de momento os prezos son máis altos que os dos vehículos de gasolina ou diésel, as principais marcas están comezando a desenvolver modelos máis baratos. O aforro enerxético e a contribución a manter o equilibro do medio ambiente compensan o gasto inicial. Mentres tanto, solucións como a de compartir o coche con outros compañeiros de traballo axudan a conseguir o obxectivo.
.
Comprobe que as súas rodas estean ben infladas
.
Un mantemento apropiado dos neumáticos, incluíndo un control da súa presión, pode aforrar ata un 3% de combustible por quilómetro.
.
Suba ao avión só o preciso
.
Intente reducir nun par de viaxes os seus voos anuais e invista o que aforre en avións para sacar adiante pequenos proxectos relacionados coa reciclaxe e a conservación do medio ambiente ou para colaborar con eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario