A deputación de Pontevedra segue beneficiando a unha empresa vinculada ao seu presidente, o popular Rafael Louzán
.
A construtora Pavimentos de Meaño, fundada polo seu chofer persoal
.
.
O presidente da deputación de Pontevedra, o popular Rafael Louzán, acaba de revalidar o seu cargo á fronte da institución. A construtora Pavimentos de Meaño, fundada polo seu chofer persoal, segue sendo unha das máis beneficiadas polas arcas públicas de Pontevedra. Máis dun millón e medio de euros en adxudicacións por obra pública saíron das arcas da deputación, segundo o informe da Federación Galega da Construción ao que tivo acceso a Cadena SER.
.En 2006, Pavimentos de Meaño foi a terceira construtora que máis contratos obtivo da deputación. En total, oito adxudicacións que suman un importe superior ao millón e medio de euros e o 7 por cento do gasto en obras da institución.
Unha cifra que coloca á empresa na cuarta que máis diñeiro recibiu, segundo o informe da Federación Galega da Construción ao que tivo acceso a SER. O ano anterior, cando a cantidade de negocio da empresa rozou os 2.400.000 euros, a factura á deputación foi aínda máis alta, 1.840.000 euros, é dicir, máis de tres cuartas partes dos ingresos de Pavimentos de Meaño durante eses 12 meses saíron do organismo público.
Fundada polo chofer
A empresa foi fundada por Marcos Galiñanes, chofer persoal do recentemente reelixido presidente da Deputación, Rafael Louzán, quen pouco despois de que a SER dese a coñecer as primeiras informacións ao redor da compañía deixou a dirección en mans do seu tío, Jesús Pombo, que tamén traballou no ente público como maquinista.
A carreira política de Rafael Louzán foi en ascenso ao mesmo ritmo que os ingresos da construtora Pavimentos de Meaño. Louzán presentouse ás eleccións municipais polo partido popular en 1995, ano no que o seu chofer, Marcos Galiñanes, fundou a empresa.
Ampliación de capital
O seguinte ascenso foi en maio de 2000, cando chegou á presidencia da deputación de Pontevedra sendo presidente provincial do PP. Segundo o rexistro mercantil, en maio de 2001, a construtora realizou a maior ampliación de capital ata entón, de 9.000 a 94.000 euros. Ata a data, a construtora dedicada a obras públicas non deixou de recibir adxudicacións.
A Cadea SER púxose en contacto coa empresa pero ninguén en Pavimentos de Meaño quixo responder ás nosas preguntas.
1 comentario:
¿ Pero nadie vá a parar al Sr.Louzán en sus negocios ilícitos vía chofer? El PP se contamina con estas cosas y deja deser una alternativa viable yse queda en confortable para unos cuantos. QWue pena y que necesidad de un partido serio en el centro derecha. Saludos. Javier Sieiro.
Publicar un comentario