mércores, 4 de xullo de 2007

O VIAL DO SALNES E O PXOM DE VIGO


Pensaba a Conselleira da CPTOPT, Dª Mª José Caride, no PXOM de Vigo cando facía as seguintes declaracións o día 21/06/2007. Para comprobalo só teñen que cambiar nas frases textuais seguintes "Manuel Fraga" por "Corina Porro", "seguridade dos usuarios" por "seguridade xurídica do PXOM" e "O Sanlés" por "o PXOM de Vigo"
.
Caride denuncia "razóns políticas"
A conselleira sostén que o único motivo era "acurtar prazos"
As razóns políticas marcounas "a axenda electoral"
"deixouse polo camiño a seguridade dos usuarios".
"unha das peores decisións técnicas"
"a crónica dunha catástrofe anunciada".
"A axenda electoral pesou máis que a seguridade", "un efémero éxito do Goberno de Manuel Fraga, pero un gran fracaso para os cidadáns".
.
A celeridade, recordou Caride, comezou xa cunha tramitación administrativa que "bateu marcas". "Cando se fan as cousas con tanta présa, algo queda no camiño, e no Salnés ese algo é a calidade", reprochou a conselleira.

MAIS INFORMACIÓN: EL PAIS

Ningún comentario: