martes, 17 de xullo de 2007

O BIPARTITO DUPLICA O SOLDO


(PSOE-BNG) din chamarse de ezquerdas e cobran soldos multimillonarios ¿é este o pacto?, non teñen vergoña

.
. "Somos máis", argumenta o bipartito de Vigo para duplicar os soldos
.
..Socialistas e nacionalistas cobrarán 782.848 euros fronte aos 372.000 dos populares

.
Os concelleiros que forman o goberno de coalición de Vigo cobrarán 782.848 euros anuais, máis do dobre do que percibía o anterior equipo de Corina Porro (372.000 euros), segundo as asignacións que aprobará hoxe o pleno municipal. "Antes eran 10 concelleiros, agora somos 16", aduciu onte o alcalde, Abel Caballero. "Son discusións estériles, o importante é o traballo e os resultados", afirmou Santiago Domínguez, tenente de alcalde. Sen incluír dietas por asistencias a comisións e plenos, a nova corporación cos seus asesores consumirá 2.278.264 euros.
Os problemas de liquidez que se atoparon ao acceder ao goberno non botou para atrás ao bipartito vigués á hora de fixarse os seus soldos e os dos seus asesores. A dedicación exclusiva pagarase a 64.500 euros anuais e cada un dos tres grupos municipais (PP, PSOE e BNG) gozará de catro. Ademais, os socialistas terán catro dedicacións parciais (32.280 euros) e outras dúas os nacionalistas.
O poder adquisitivo dos concelleiros vigueses "decrece en termos reais", segundo o alcalde, Abel Caballero, xa que a subida aplicada aos seus salarios, un 2% anual, é inferior á rexistrada polo IPC desde o último orzamento aprobado, o de 2005. "O PP estaba en minoría. Nós somos máis e por iso tamén é necesario dotar ao goberno de máis fondos", explicou . No goberno de Corina Porro, ademais da súa propia, había catro dedicacións exclusivas, cun orzamento salarial de 372.000 euros en total. O goberno actual acumula oito dedicacións exclusivas e seis parciais, o que suma 782.848 euros.
Abel Caballero cobrará 70.168 euros anuais, algo máis que o tenente de alcalde, Santiago Domínguez (67.560). Ambos, no entanto, verán sensiblemente incrementados eses salarios pola súa representación en organismos municipais autónomos. A alcaldía disporá ademais dun equipo de tres asesores (secretaria, xefa de prensa e xefe de gabinete) que cobrarán, a razón de 30.665 euros cada un, co que o orzamento salarial da alcaldía será de 162.163 euros anuais.
A xefatura de gabinete, no entanto, queda polo momento sen cubrir, ata que se superen as actuais dificultades orzamentarias cunha modificación de crédito ou, se non, ata o próximo exercicio. Este mesmo compás de espera queda aberto para dúas das catro dedicacións exclusivas asignadas ao grupo socialista, o único que asume unha cota de sacrificio salarial e funcional pola actual penuria de fondos.
As catro dedicacións exclusivas do grupo socialista consumirán 258.000 euros e as catro parciais, 129.120, co que os salarios do grupo dan un total 457.288 euros. As catro dedicacións exclusivas e dous parciais do BNG suman, excluíndo o complemento do tenente de alcalde, 322.560 euros.
A esas cantidades hai que engadir os custos de cada equipo de asesores, tres do grupo socialista (91.995 euros) e dous do nacionalista (61.330), máis dous auxiliares administrativos para cada grupo (86.664), co que o custo salarial directo de ambos os grupos será de 1.019.817 euros. E, sumando o custo salarial da alcaldía e o suplemento do tenente de alcalde, 1.185.060 euros anuais.
O grupo popular manterá as catro dedicacións exclusivas que disfutaba cando gobernou no anterior mandato, así como o mesmo número de asesores e de auxiliares administrativos. Os catro edís con esa dedicación percibirán 258.000 euros; os asesores, seis, 387.000 euros, e os catro auxiliares administrativos 86.664. O que dá un total salarial para o grupo popular de 731.664 euros, un orzamento análogo ao que gozaban no goberno, sen contar o soldo da alcaldesa.
Ademais, cada grupo recibe unha dotación económica proporcional á súa representación: 172.640 euros o popular; 122.520 o socialista e 66.400 o nacionalista. O orzamento anual da corporación, incluídos os salarios de concelleiros e asesores e sen incluír dietas por asistencia a comisións e plenos, será con todo iso de 2.278.264 euros.

Ningún comentario: