martes, 21 de agosto de 2007

DESORDE URBAN DE VIGO

A Universidade de Palma pon a Vigo como exemplo de desorde urban.
.
O profesor Jesús González culpa á burguesía da conserva da escasa sensibilidade pola ordenación local.
.
..
.
..
.
A actual realidade urbanística de Vigo vén dada polo total incumprimento dos plans e proxectos deseñados para a cidade na súa recente historia, por un excesivo interese particular da súa oligarquía, o peso da especulación e a falta de poder dos políticos locais.
Esa é unha das conclusións ás que chegou a Universidade das Illas Baleares nun traballo realizado polo profesor de Ciencias da Terra da Facultade das Letras, José González Pérez, que identifica a Vigo como unha das mostras máis significativas de desorde urban de entre as cidades medias do Estado.
.
Comparación
.
González, que compara no seu estudo o crecemento de Palma de Mallorca co de Vigo, estima que a expansión pouco planificada da cidade «facilitou o asentamento de nova poboación que edificaba sen aterse a normas urbanísticas».
O especialista balear mantén que a burguesía chegada do exterior no século XIX «non tiña ningún tipo de apego social coa cidade e o núcleo histórico non lle ofrecía comodidade e imaxe aos novos ricos».
Ese condicionante marcou para sempre o devir urbanístico da cidade de Vigo, onde primou no seu desenvolvemento, segundo a tese do profesor balear, a procura individual de espazos e terreos cos que enriquecerse sen ningún tipo de planificación global, incumprimentos legais e unha explotación ao máximo das posibilidades construtivas.
A debilidade administrativa de Vigo pecha o círculo, segundo José González Pérez, do urbanismo que vive hoxe a maior cidade de Galicia «onde sempre se aspirou a dominar e non a ordenar».
A diferenza de Palma, Vigo non contou na súa fase de crecemento con grandes terreos propiedade da Igrexa, que no caso da illa si serviron para dotar á cidade de parques, servizos e grandes prazas.
.
Publicado na VOZ DE GALICIA

Ningún comentario: