luns, 3 de setembro de 2007

O PXOM A TODA COSTA


O BNG traslada a responsabilidade de aprobar en 2007 o PXOM de Vigo á Consellería de Política Territorial

O BNG trasladou hoxe a responsabilidade de aprobar o PXOM de Vigo no prazo comprometido polo Goberno municipal, é dicir, no ano 2007, á Consellería de Política Territorial e recordou que o bipartito vigués "ten a vontade política" e "agora falta que a consellería facilite as cousas".
Así o manifestou hoxe o tenente de alcalde do Concello olívico, Santiago Domínguez, en declaracións aos medios, e mostrouse "confiado" en que se cumprirá o pacto de Goberno asinado entre BNG e PSOE, no que se recolle este prazo para aprobar o documento urbanístico.
Nese sentido, Domínguez reiterou que o Plan "pódese aprobar con vontade política e no Goberno local haina". Así mesmo, explicou que, con esta situación "agora falta que a Consellería de Política Territorial facilite as cousas e marque a folla de ruta".
Con respecto á posibilidade de que a introdución do 40 por cento de solo para vivenda protexida, comprometida polo alcalde e cualificada por el como "irrenunciable", supoña unha nova exposición do PXOM e un atraso na súa aprobación, Santiago Domínguez asegurou ter "toda a confianza do mundo" no compromiso do alcalde, Abel Caballero, de que se cumprirán ambas as premisas, incluídas no acordo de Goberno.

Ningún comentario: