venres, 7 de setembro de 2007

O URBANISMO EN VIGO

O PP reta ao PSOE a debater a situación urbanística de Vigo

Os populares esixen que participe no debate Dolores Villarino, presidenta do Parlamento de Galicia.

José Manuel Figueroa, que desempeñou a concellería de Urbanismo de Vigo no anterior mandato, co PP, retou onte ao PSdeG e ao alcalde, Abel Caballero, a debater a situación do urbanismo na cidade. Pon como condición que se aborden "todas as sentenzas" desfavorables por irregularidades e que no debate participe a presidenta do Parlamento galego, Dolores Villarino, antes concelleira en Vigo.
A maioría das irregularidades urbanísticas, e das sentenzas xudiciais que as sinalan, derivan, segundo Figueroa, do plan xeral de 1993, actualmente vixente e aprobado cando Dolores Villarino dirixía a concellería de Urbanismo en Vigo. Figueroa acusouna onte de ser "unha das máximas responsables do desastre urbanístico" da cidade.
O concelleiro popular respondeu así ás severas críticas dos socialistas ao PP en relación coas licenzas concedidas para a construción do centro comercial Gran Vía, o máis grande de Galicia, promovido por ING Real Estate en Finca do Conde. As licenzas foron outorgadas durante o anterior mandato, con Corina Porro na alcaldía, e foron invalidadas por diversas sentenzas xudiciais.
Os socialistas alentaron sempre a sospeita de que no proceso urbanístico da Finca do Conde pesaron "intereses inconfesables" do PP desde a mesma aprobación do plan parcial, en 1998, que o Tribunal Supremo anulou con sentenza firme en decembro do ano pasado. As licenzas de construción e apertura do centro comercial foron concedidas en marzo de 2006 e o grupo socialista recorreunas nos tribunais. Unha sentenza coñecida o luns sinala que non deberon concederse ao existir tres sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulaban o plan.
Ao fío desa última sentenza, os parlamentarios socialistas Abel Losada e Manel Gallego reclamaron o mércores explicacións de Corina Porro e o seu concelleiro de urbanismo, José Manuel Figueroa, sobre todo o proceso urbanístico da Finca do Conde. O PP aduce que, no momento de outorgar as licenzas para o centro comercial, as sentenzas do TSXG non eran firmes e non concedelas fíxolles incorrer en prevaricación. Onte Figueroa chamou a Losada e Gallego "lacayos de Abel Caballero". Actuarían, segundo el, por deberlle "moitos favores persoais" ao alcalde.
Caballero pola súa banda, insistiu onte na necesidade de que sexa a propia Corina Porro quen explique "sen intermediarios" a súa actuación na concesión das licenzas, porque, segundo o alcalde, "é a primeira vez que se outorgan con sentenzas xudiciais en contra". O alcalde culpou ao PP de provocar unha grave situación no urbanismo da cidade e cualificou a súa xestión na área como "catastrófica".

"É NECESARIO DOTAR AO DOCUMENTO DA MÁXIMA SEGURIDADE XURÍDICA, PARA EVITAR QUE OS EDIFICIOS ILEGAIS QUE IMOS A LEGALIZAR POIDAN SER DERRUBADOS, E QUE OS SEUS AUTORES, CÓMPLICES, ENCUBRIDORES E INDUCTORES PAGUEN AS SÚAS RESPONSABILIDADES CIVÍS E PENAIS.

.
O CONCELLO PODE COMETER E PERMITIR AS ILEGALIDADES URBANÍSTICAS QUE QUEIRA; OS PROBLEMAS QUE POIDAN XURDIR SOLUCIÓNANSE CUN NOVO PXOM, PERO O QUE NO PODE E CREBAR.

.¿QUEN DARÍA AS LICENZAS ILEGAIS? .¿QUEN LEGALIZARÍA OS EDIFICIOS ILEGAIS?

Ningún comentario: