sábado, 8 de setembro de 2007

NOTA DA CONSELLLERIA MEDIO AMBIENTE

A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE SÓ DARÁ VIA LIBRE AO PXOM DE VIGO CANDO COMPROBE QUE RECOLLE TODAS AS CORRECCIÓNS QUE LLE SERÁN COMUNICADAS AO CONCELLO A PRÓXIMA SEMANA
.
Santiago de Compostela, xoves, 6 de setembro do 2007
.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible remitirá a próxima semana ao Concello de Vigo a resolución pola que se establecen os requisitos para declarar a inviabilidade do sometemento do Plan Xeral de Vigo aos trámites previstos pola Lei de Avaliación Ambiental de Plans e Programas.
Dito documento recolle o resultado da avaliación ambiental do plan de urbanismo, identifica as deficiencias ambientais do planeamento e require a introducción de modificacións en diferentes aspectos do mesmo.
Unha vez introducidas as modificacións requiridas, o Concello de Vigo deberá remitir unha nova versión do planeamento á Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, que comprobará si a nova versión do PXOM incorporou todos los requirimentos previamente establecidos.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, so dará vía libre ao plan de urbanismo do Vigo cando verifique que os requirimentos que lle serán comunicados a próxima semana ao Concello de Vigo foron incorporados ao PXOM.
En ningún caso declarará a inviabilidade do sometemento do PXOM de Vigo aos trámites previstos pola Lei de Avaliación Ambiental Estratéxica sen o cumprimento íntegro dos requisitos medio ambientais sinalados no documento que o Concello recibirá a próxima semana.

Ningún comentario: