martes, 27 de novembro de 2007

ESQUERDA UNIDA A BRUSELAS

Esquerda Unida pide en Bruxelas que se paralice o plan urbanístico de Vigo ata que se avalíe o impacto ambiental
.
O eurodiputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, pedirá en Bruxelas que se paralice a posta en marcha do plan xeral de ordenación municipal de Vigo ata que se avalíe o impacto ambiental.
.
Segundo explicou o coordinador comarcal da coalición esquerdista, Roman Alonso, «entendemos que o plan sobredimensiona a construción de vivendas na cidade».
.
Mañá unha delegación de Izquierd Unida, na que figura Román Alonso, será recibida por David Lowe, responsable do Secretariado da Comisión de Peticións.
.
A iniciativa de EU quere comprometer ás institucións da UE no cumprimento das súas propias directivas e pór coto á «corrupción urbanística».
.

Ningún comentario: