venres, 2 de novembro de 2007

O BARCO DE CORINA PORRO





.
.
.
.
CORINA TIENE UN BARCO, ME CACHIS EN LA...
.
Xa o ten, oa currado duramente, un barco Platinum 32 de 10 metros adquirido en marzo do pasado ano ao astillero A Moa Técnica con ocasión do Salón Náutico no Ifevi. Un cruceiro que alcanza os 33 nós, con dous motores de máis de 190 Hp cada un, cinco toneladas de desprazamento, acabado de luxo e en torno aos 200.000 euros, (máis de 33 millóns de pesetas) que non está mal.
Durante o verán utilizouno en compaña dun amigo experto; pero agora, por fin en posesión dun carnet de patrón dinnos que adquirido en Portugal, pódeo manexar ela mesma. Fíxoo por primeira vez o primeiro domingo de Setembro, aínda que non sabemos se xa invitou a bordo aos seus amigos de ING Real Estate.
O Platinum - faltaría máis - atópase atracado en San Adrián de Cobres, ocupando dúas prazas de amarre xusto aos pés do monte onde se atopa a casa que lle construíron uns constructores (naturalmente) cando era ela Conselleira de Benestar Social polos seus méritos con Fraga. Os mesmos constructores que levantaban residencias para a Terceira Idade e outros edificios encargados por ese departamento.
.
SÓ CERTA POLÉMICA...
.
"A política é servizo", pronunciou en certa ocasión Corina, seguramente porque así o escoitou dicir ao seu principal mentor. A política, para algúns e para algunhas, habería que corrixirlle, é máis ben beneficio. No seu caso, cando en 1995 entrou no concello como concejala de Manolo Pérez fíxoo co soldo embargado por un xulgado, despois de que as súas escasas propiedades quedásenllas os bancos tras un fallido intento de converterse en adiñeirada mediante a quimera dunha urbanización xunto ao Golf de Domaio. Pero aprendeu a lección, sabendo comprender que para unha persoa como ela, coas súas aptitudes e limitacións, a boa fortuna só a podería atopar na política.
Certos destacados empresarios de Vigo moi próximos ao Partido Popular andan por aí dicindo que "o do barco é un erro". Non cuestionan a forma en que Perly, tras dez anos de "servizo público", incrementou de xeito espectacular o seu propio "benestar social", senón que a incorrección consiste en que fai alarde de prosperidad obtida a través da política. Polo menos, tan axiña.
A ilusión secreta da peluquera de Arcade era pousar espida para a portada de Interviú e cobrar un dinerito. A de Perly poder gozar algún día dun marabilloso barco como os dos ricos. Ambas o conseguiron, e entre ambas, a peluquera e a auxiliar de enfermería danse, salvando as distancias, non poucas similitudes. Que o lector deduza o que queira.
(Outro día referirémosnos - por xunto ou por separado, que de ambas formas pódese facer - a Rafael Louzán, Chema Figueroa, Telmo Martín e ata a Núñez Feijóo, todos eles compinches e socios de Corina. A cúpula Platinum do PP de Pontevedra e unha verdadeira banda politico económica)

Ningún comentario: